Amosando publicacións coa etiqueta Olimpiada escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Olimpiada escolar. Amosar todas as publicacións

22/06/26

Olimpíada escolar

 Un ano máis, o cole quere felicitar a todo o alumnado, ás familias e a ANPA pola gran labor feita de cara a olimpíada.

Orgullosas do traballo realizado.


Parabéns!


















15/05/26

Olimpíada escolar

 Aquí temos o cartel da Olimpíada escolar.

Reservade ese día para participar nesta festa do deporte co cole!



13/06/25

Olimpíada Escolar

 Aquí deixamos un resumo da xornada do pasado sábado nas pistas de atletismo da Xunqueira. Un ano máis queremos agradecer ás familias a súa colaboración co cole; a ANPA, a súa entrega e axuda nese día tan especial para os  e as participantes; e, por último, ao alumnado, pola súa excelente actuación.

Parabéns!







03/06/25

Horarios Olimpíada Escolar

 Estimadas familias:

Aquí deixamos o horario da Olimpíada Escolar que se disputará o vindeiro sábado 7 de xuño nas pistas de atletismo da Xunqueira.

A cor amarela é para o alumnado de 6° de primaria.

A cor verde, para o alumnado de 4° e 5° de primaria.

A cor azul, para o alumnado de 2° e 3° de primaria.

A cor rosa, para o alumnado de 6° de infantil e 1° de primaria.

O alumnado de 4° e 5° de infantil pechará a competición coa carreira de 230 m/l ás 19:10 horas.



20/06/24

Olimpíada escolar

 Un ano máis queremos agradecer ao alumnado o seu grande esforzo e dedicación nesta olimpíada. Esto non sería posíbel sen a colaboración das familias e ANPA das que nos sentimos tan orgullosas. Grazas por este marabilloso día!








28/05/24

Horario da Olimpíada (15 de xuño de 2024)

 Estimadas familias. Aquí vos deixamos o horario das diferentes probas que se celebrarán na olimpiada escolar.



13/06/23

Olimpíada Escolar 2023

 Un ano máis chegou o día que tanto esperabamos.

Grazas a todo o alumnado pola súa participación, pero grazas sobre todo ás FAMILIAS e a ANPA polo seu apoio incondicional.

Desde o cole queremos dar os parabéns a todas as nenas e nenos pola súa actuación e polo seu merecido 1° posto na clasificación por colexios.

Aquí tedes as fotos dos equipos co seu trofeo e un video con fotos que resumen ese magnífico día.

















02/06/23

Horario das distintas probas da Olimpíada Escolar do día 10 de xuño

 Aquí deixamos os horarios das distintas probas que se disputarán o día 10 de xuño. 

A cor laranxa corresponde á categoría Chupetes (4º e 5º de infantil)

A cor azul corresponde á categoría Prebenxamín (6º de infantil e 1º de primaria)

A cor amarela corresponde á categoría Benxamín (2º e 3º de primaria)

A cor verde corresponde á categoría Alevín (4º e 5º de primaria)

A cor rosa corresponde á categoría Infantil (6º de primaria)



20/06/22

Olimpíada escolar

 Aquí vos deixamos un breve resumo do día da Olimpíada. Unha vez máis, grazas familias e grazas nenos e nenas polo voso esforzo. Seguimos e seguiremos estando moi orgullosas e orgullosos do voso traballo.

Parabéns!!


20/05/22

Horario probas Olimpíada Escolar

 

Aquí deixamos o horario das distintas probas da Olimpíada Escolar que se celebrará o día 11 de Xuño.

A cor rosa sería para o alumnado de 6º de primaria.

A cor amarela sería para o alumnado de 4º e 5º de primaria.

A cor laranxa sería para o alumnado de 2º e 3º de primaria.

A cor verde sería para o alumnado de 6º de infantil e 1º de primaria.

Grazas de antemán pola vosa colaboración.



17/06/19

OLIMPíADA

Unha vez máis, o cole quere agradecer ás familias a súa colaboración, o seu compromiso e seriedade.
Grazas a esa maravillosa ANPA que, ano tras ano, axuda e dá o mellor de sí para que ese día o alumnado estéea atendido en todo momento.
Aquí deixamos un resumo da participación dos nosos pequenos  e pequenas atletas. PARABÉNS!


20/05/19

HORARIO OLIMPIADAS

Deixamos o horario das distintas probas da Olimpiada Escolar que se celebrará o vindeiro día 8 de xuño nas pistas de atletismo da Xunqueira.

O suliñado en cor AMARELO corresponde ao alumnado de 6º de primaria.

O suliñado en cor ROSA corresponde ao alumnado de 4º e 5º de primaria.

O suliñado en cor AZUL VERDOSO corresponde ao alumnado de 2º e 3º de primaria.

O suliñado en cor LARANXA corresponde ao alumnado de 5º de infantil, 6º de infantil e 1º de primaria.




17/06/18

OLIMPIADA ESCOLAR

Unha vez máis, queremos agradecer ás familias, á ANPA, ás mestras e sobre todo ao alumnado o seu enorme esforzo e a súa implicación nesta xornada de deporte escolar.



31/05/18

HORARIO DAS PROBAS DA OLIMPIADA

Deixamos o horario das distintas probas que se celebrarán o sábado 9 de xuño na Olimpiada escolar.

O suliñado en cor LARANXA é para o alumnado de 5º de Infantil, 6º de Infantil e 1º de Primaria.

O suliñado en cor AMARELA e para o alumnado de 2º e 3º de Primaria.

O suliñado en cor AZUL é para o alumnado de 4º e 5º de Primaria.

O suliñado en cor ROSA é para o alumnado de 6º de Primaria e 1º da ESO.



18/06/17

UN TRABALLADO E MERECIDO 2º POSTO NA OLIMPÍADA

O cole quere dar os parabéns a todos os nenos e nenas polo seu esforzo, implicación e participación na XXXVII Olimpíada escolar. Nin o calor foi capaz de impedir que os nosos pequenos e pequenas desen o máximo de sí mesmos na realización das distintas probas.
O resultado deste esforzo foi un espléndido 2º posto!!! Non podemos estar máis orgullosos deles e delas!!!!!!
Tamén queremos dar os parabéns ao magnífico traballo da nosa ANPA, pola súa colaboración e o seu agasallo (unha carpa na que tiñan todo preparado para repartir dorsais, tiquets de merenda...).






06/06/17

HORARIO DAS PROBAS DA OLIMPÍADA ESCOLAR 2017

Estimadas familias.
Como xa sabedes, o día 17 deste mes temos a Olimpíada escolar. Aquí deixamos o horario das diferentes probas para que o vaiades consultando, aínda que tamén enviaremos unha nota coa proba na que participa cada neno e nena e o horario da mesma.
O suliñado en cor rosa é para o alumnado de 6º de primaria.
O suliñado en cor verde é para o alumnado de 4º e 5º de primaria.
O suliñado en azul é para o alumnado de 2º e 3º de primaria.
O suliñado en vermello é para o alumnado de 6º de infantil e 1º de primaria.



14/06/16

Olimpíada 2016

Parabéns a todos os nenos e nenas que participaron na Olimpíada polo ben merecido 4º posto acadado!!!!



19/06/15

Olimpiada 2015

Aquí van as fotos da Olimpiada Escolar. Parabéns a todos e todas pola vosa excelente participación. Un estupendo e merecido 3º posto!!!!!

26/05/15

Horario Olimpiada escolar 14-15

Deixamos aquí o horario das distintas probas que se celebrarán na Olimpiada Escolar para que poidades consultar e decidir en qué proba ides participar.
6º de infantil e 1º de primaria sodes categoría PREBENXAMÍN.
2º e 3º de primaria sodes categoría BENXAMÍN.
4º e 5º de primaria sodes categoría ALEVÍN.
6º de primaria sodes categoría INFANTIL.