Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2010-2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2010-2011. Amosar todas as publicacións

20/10/11

XOGOS DE ANTES...

Aproveitando o bo tempo que tivemos neste comezo de curso, nas clases de Educación Física, adicámonos a coñecer xogos populares e tradicionais da zona na que vivimos e que practicaban os nosos papás, avós... Algúns nenos e nenas xa sabían dalgún, pero tamén quedaron sorprendidos con outros que descoñecían.
Amosamos un video resumo dalgúns dos xogos.


Foron momentos de moita diversión e moita risa!
Practicamos xogos coma o pano; 1,2,3, escondite inglés; o trompo; a petanca; salto de comba...

21/06/11

REMO

O pasado xoves día 17, membros do Club de Remo Samertolameu viñeron ao cole a darlles unha charla ao alumnado do 3º ciclo sobre este deporte, para animalos a participar nun curso de verán que organizarán no mes de xullo. Trouxeron ergómetros nos que os nenos e nenas simularon unha parte dun entrenamento desta modalidade deportiva, e cos que o pasaron xenial!

15/06/11

Olimpíada Escolar

O pasado fin de semana, celebrouse a XXXI Olimpíada Escolar do Concello de Moaña. Participaron nenos e nenas de varios clubes de atletismo e tamén centros escolares de Moaña; aínda que tamén houbo participación dalgúns colexios de Cangas.
Queremos darlle os PARABÉNS a todos os nenos e nenas que, co seu esforzo e participación, lograron unha merecida terceira posición para o noso colexio.



01/06/11

Solicitude de axudas para mercar os libros de texto curso 2011/12

A Consellería de Educación  no DOG do 31 de maio acaba de publicar a Orde de axudas pra mercar libros de texto
Prazo: Do 1 ao 31 de xuño ( É conveniente presentar as solicitudes antes de que terminen as clases)
Cursos: 1º, 2º, 5º e 6º de Ed. Primaria
Documentación: Solicitude cumprimentada e libro de familia
Contía das axudas: Situación persoal e exercicio fiscal do 2009:
Renda per cápita familiar ata 5.400€...170 €         Desde 5.400€ ata 9.000€...90€
Renda per cápita familiar ata 6.000€...170 €         Desde 6.001€ ata 9.000€...90€

Para máis información, no DOG,   ou no portal da Consellería de Educación:
http://www.edu.xunta.es/web/

26/05/11

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O pasado día 23, celebramos no colexio o Festival das Letras Galegas, dedicadas este ano a Lois Pereiro. Todo o alumnado participou neste festexo recitando poemas, cantando cantigas, facendo obras de teatro....
A continuación, presentamos algúns videos desta celebración:

- "A princesa do Courel" (6º de EI)


- "Rock da miña rúa" (1º de EP)



- "Galicia", poema de Manuel María (6º de EP)

24/05/11

Viaxe a Taragoña

Mañá mércores, e cumprindo a programación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, faremos unha visita ao CEP Brea Segade de Taragoña . Viaxarán ata alí o alumnado de 2º, 3º, 4º, e 5º de Primaria, que xa compartiron con eles dúas xornadas o curso pasado. É unha actividade que gusta moito aos rapaces e ao profesorado, pola posibilidadede compartir xogos e experiencias, ver outro cole e facer amigos.
Dentro de uns días seremos nós os seus anfitrións en Moaña.

13/05/11

08/05/11

Viaxamos a Madríd

O mércores 11 de maio vaise celebrar na Biblioteca Nacional, en Madrid a entrega de premios de "Boas prácticas na innovación e dinamización da biblioteca escolar"

O noso colexio estará alí para recibir o seu premio, representado polo director, a coordinadora de biblioteca, e a coordinadora de Normalización.
Nos acompaña ademais Iván Costa Blanco, antiguo alumno do colexio e protagonista da primeira entrada na galipedia realizada polo noso alumnado, ademais de dous nenos da clase de cuarto (Noa e Óscar) que contarán o conto "A cebra Camila" coa técnica do Kamishibai. Veremos tamén un vídeo que mostra as distintas actividades que realizamos na nosa biblioteca escolar.

22/04/11

AERÓBIC 6º CURSO

      

Este curso, dentro da programación de Educación Física, estaba incluido o traballo da expresión corporal e o ritmo a través do aeróbic. O alumnado de 6º, co seu traballo en cada sesión, conseguiu facer unha pequena coreografía que merece a pena ver. Parabéns nenos e nenas!!!!!!

14/03/11

Lingua galega tv

Lingua galega tv, a canle de televisión por internet, subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de publicar o vídeo filmado no noso centro sobre o Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística, agora de Dinamización .
Para acceder,  hai que seleccionar do primeiro grupo de vídeos "Lingua, cámara, acción", o titulado "Premios de Innovación en Dinamización Lingüística. Poderemos ver tamén unha reportaxe sobre o proxecto do IES de Rodeira , en Cangas, que tamén resultou premiado.Preme na imaxe.

05/03/11

Festa de Entroido

Este ano, dentro do proxecto de Innovación en Normalización Lingüística, planificamos un entroido tradicional, co ánimo de facer chegar aos maís cativos e cativas un xeito de vivir o entroido encardinado con personaxes que case estamos esquecendo. Os CURRUVELLOS foron os protagonistas e a diversión estivo garantizada cando poidemos comprobar as transformacións de alumnado, familias e profesorado.

04/03/11

Excursión á Coruña

O pasado día 1 de marzo, o alumnado de 4º, 5º e 6º cursos, foi de visita á cidade da Coruña. Os lugares nos que estiveron foron o Aquarium de Finisterrae, o Domus e a Torre de Hércules.


Foi un día cheo de emocións e novas experiencias...

02/03/11

Xadrez na escola

O clube de xadrez de Moaña, Bobby Fischer, alcanzou o subcampeonato de Liga o pasado febreiro no CEIP de Nigrán no que participaron un total de nove equipos.
Dous xogadores do equipo son os alumnos de sexto do noso colexio: Anxo Rúa e Carlos Urdampilleta.
Os nosos parabéns para eles.

28/02/11

Matricula

Dende maña dia 1 de Marzo, e ata o 31 do mesmo mes, estará aberto o período de matrícula para o curso 2011/2012.
Poden pasar pola secretaria do centro para recoller a documentación necesaria.

17/02/11

2º ENCONTRO PROGRAMA "XOGADE"

O pasado xoves día 10 deste mes, o alumnado do terceiro ciclo participou no programa "Xogade" desde a área de Educación Física. As actividades que se practicaron foron voleibol e bádminton.