Deséxanvos a todas e todos un BO NADAL!
Esta mañá, as súas maxestades, os Reis Magos, visitaron o cole de Quintela. Puideron escoitar panxoliñas cantadas polos nenos e nenas e trouxeron agasallos para todas as clases! Aquí podemos velos xunto a Paco, na entrada do cole que con tanto esmero prepararon as familias da ANPA. Moitísimas grazas a ANPA polo seu traballo e moitísimas grazas a Melchor, Gaspar e Baltasar pola súa visita.
O vindeiro martes celebraremos o Nadal no colexio.
Desta volta tocoulle ao alumnado de 3º elaborar os carteis para estar moi ben informados do que vai acontecer.
Parabéns nenas e nenos de 3º por estes fermosos carteis!
Neste Nadal non faltaron os Reis Magos no cole de Quintela. Como non podía ser doutro xeito viñeron cargadiños de agasallos e escoitaron con moita ilusión as panxoliñas que os nenos e nenas lles tiñan preparadas.
Aquí podedes ver que ben o fixeron.
Un ano máis celebramos o Nadal no colexio.
Este ano as nenas e nenos de 5º de primaria elaboraron estes fermosos carteis para estar ben informadas e informados.
Parabéns polo voso traballo!!
Quedáronvos moi fermosos os carteis.