Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2022-2023. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2022-2023. Amosar todas as publicacións

27/06/23

Final do Campionato Escolar de Ergómetro

Nos últimos días de cole, o alumnado de 4º, 5º e 6º participou no Campionato Escolar de Ergómetro organizado pola S.D. Samertolameu Fandicosta. Clasificáronse varios nenos e nenas para a final, que se celebrou este pasado venres nas inmediacións da lonxa de Meira.

Estivo moi emocionante e conseguíronse moitas medallas.

Aquí vos deixamos un resumo.

 

22/06/23

Festa espuma

 Grazas a nosa ANPA pola gran festa da espuma que nos organizaron para despedir o curso.

Que ben o pasamos!


13/06/23

Olimpíada Escolar 2023

 Un ano máis chegou o día que tanto esperabamos.

Grazas a todo o alumnado pola súa participación, pero grazas sobre todo ás FAMILIAS e a ANPA polo seu apoio incondicional.

Desde o cole queremos dar os parabéns a todas as nenas e nenos pola súa actuación e polo seu merecido 1° posto na clasificación por colexios.

Aquí tedes as fotos dos equipos co seu trofeo e un video con fotos que resumen ese magnífico día.

















02/06/23

Horario das distintas probas da Olimpíada Escolar do día 10 de xuño

 Aquí deixamos os horarios das distintas probas que se disputarán o día 10 de xuño. 

A cor laranxa corresponde á categoría Chupetes (4º e 5º de infantil)

A cor azul corresponde á categoría Prebenxamín (6º de infantil e 1º de primaria)

A cor amarela corresponde á categoría Benxamín (2º e 3º de primaria)

A cor verde corresponde á categoría Alevín (4º e 5º de primaria)

A cor rosa corresponde á categoría Infantil (6º de primaria)



22/04/23

Día do Libro. Librarías

Que ilusión, cantos libros novos!
Potenciando o comercio local profesional no mundo do libro, acollemos a exposición de fondos que nos cederon as librerías Nobel e Alborada de Moaña. Cada curso visitou a exposición e tomou nota do seu conto preferido, para acudir posteriormente á librería.
 
Visita unha librería no Día do Libro e farás efectivo os descontos correspondentes!

 



30/03/23

Patio e xogo libre ao sol

Na aula de 5º gozamos de xogo libre nun destes días soleados que tivemos...

29/03/23

Charla sobre a Adolescencia

Onte, tivemos na biblioteca do cole, unha charla organizada pola ANPA para tratar o tema da adolescencia. A encargada de explicarnos e falarnos deste tema foi Patri, educadora social con máis de 15 anos de experiencia no eido da adolescencia.

Temos que dar as grazas ás familias pola elevada asistencia e por compartir as súas inquedanzas con Patri, que foi quen de resolver moitas das nosas dúbidas.







22/03/23

Desafógate, unha aventura acuática na biblioteca do cole

Marabillosa a representación de Desafógate na biblioteca do cole!
Raquel Queizás tróuxonos esta peza teatral dentro do programa Corresponsables da Universidade de Vigo.
Lis, a monicreque interactuou coa rapazada e as familias para lembrarlles as condutas seguras na praia e  na piscina. Dun xeito ameno e divertido viviu as escenas máis cotiás relacionadas co xogo cerca da auga.
A peza está baseada no conto Un rato con á que aprendeu a nadar , de Carolina Pinedo.
Ao remate os monitores do equipo de submarinismo da Universidade ensinaron a pequenos e grandes a facer unha RCP.
 Moi didáctica a actividade, conseguimos reanimar a moitos dos afogados! 

 

21/03/23

Informativo CaranvexoTV

 Aquí vos deixamos o informativo que presentamos para a canle do concello Caranvexotv. Cada xoves publica un centro de Moaña e, o pasado día 16 tocoulle ao noso cole.

Quedou moi chulo!