Amosando publicacións coa etiqueta A educación emocional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A educación emocional. Amosar todas as publicacións

28/10/21

DIGICRAFT NO TEU COLE. CÓDIGOS QR PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS EN 4º DE PRIMARIA

 Nestas sesións, o traballo que fixemos foi o tema emocional. Primeiro xogamos con tarxetas nas que tiñamos que expresar a emoción que nos pedía a través da mímica e logo, pintamos caras con distintas emocións e, cos códigos QR xogamos a amosar a emoción que nos pedía a tableta.

Estivo moi entretido e rimos moito!




04/05/17

Os maiores ensinan aos pequenos a ir pola rúa

Hoxe, o alumnado de 6º de Infantil, 5º de Infantil e 6º de Primaria baixaron camiñando ata a praza para facer un ensaio do baile que imos facer para a inauguración do Comicón o vindeiro venres.
Cada neno e nena de 6º de Primaria levaba a un par de nenos e nenas de infantil, un de cada man, para acompañalos no camiño de baixada e subida ao cole. Axudáronlles a baixar as escaleiras, a cruzar correctamente os pasos de peóns, a circular pola parte interior das beirarrúas... 
As mestras queremos darlles os parabéns polo ben que o fixeron!!!! Grazas maiores do cole!!!!!


24/03/17

Pinto e Pistacho

Porque queremos educar nenos e nenas responsables e respetuosos coa natureza e os animais, o cole de Quintela, en nome do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria apadrina a dous canciños acollidos na Protectora de animais do Morrazo.
Esta semana o alumnado coñeceu as súas historias, e dende agora o alumnado de 3º e 4º apadriña a Pistacho, e o alumnado de 5º e 6º apadriña a Pinto.
 As súas obrigacións son preocuparse por eles, e de vez en cando atopar un momento para ir visitalos e darles cariño.
 Papás e mamás, contamos con vós para conseguir os nosos obxectivos!

21/01/16

Educación Emocional e TIC

Na última sesión de Ed. Emocional, as Xirafas estivemos vendo o conto que hai colgado na rede do "Monstro de cores" (se pinchades neste título poderedes acceder ao vídeo) e, ao rematar, usamos a pizarra máxica (PDI) para pintalo de todas as cores das súas emocións: rosa (cando sente amor), verde (cando sente calma), azul (cando sente tisteza), negro (cando sente medo), vermello (cando sente ira) e amarelo (cando sente alegría). Mirade que chulo quedou!

















27/11/11

As caras do Outono

Coa chegada do Outono os nenos/as de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria falamos un pouquiño mais das "Cousiñas" do Outono:  Cambios atmosféricos (chuvia, vento...), as cores, as árbores, os froitos (vimos ourizos, noces, mazorcas de millo, cabazas...).

 ¡O NOSO CONTORNO CAMBIAAAA!!.
Pero sobre todo falamos de como nos sentimos nesta nova estación: contentos, tristes, enfadados, desgustados, sorprendidos, malhumorados...
Así que aprobeitando unhas cantas follas das árbores, confeccionamos este mural:




plasmando os nosos sentimentos.







¡e tamén nos Divertimos!


24/05/11

Viaxe a Taragoña

Mañá mércores, e cumprindo a programación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, faremos unha visita ao CEP Brea Segade de Taragoña . Viaxarán ata alí o alumnado de 2º, 3º, 4º, e 5º de Primaria, que xa compartiron con eles dúas xornadas o curso pasado. É unha actividade que gusta moito aos rapaces e ao profesorado, pola posibilidadede compartir xogos e experiencias, ver outro cole e facer amigos.
Dentro de uns días seremos nós os seus anfitrións en Moaña.

29/06/05

A educación emocional

Educación emocional

Curso 2005-2006

A educación emocional.

Proxecto de Formación no Centro
C.E.I.P.:Quintela-Moaña.

Participou no proxecto a totalidade do profesorado do centro .
A idea inicial do proxecto naceu a raíz da lectura por parte de algúns membros do profesorado de artigos e libros sobre o tema. Algunhas das  problemáticas do alumnos, enfrontamentos ante as frustracións, autoestima baixa…leváronnos a pensar se poderíamos influir no seu desenvolvemento emocional.

OBXECTIVOS:

Partimos dos seguintes obxectivos para o profesorado:
-Iniciarse e profundizar no coñecemento teórico da educación emocional.
-Adquirir pautas de actuación para o traballo na aula.
-Deseñar procedementos para o traballo na aula.
-Poñer en común experiencias e conclusións.
-Mellorar a satisfacción polo traballo
E para o alumnado:
-Aprender a coñecerse mellor e desenvolver habilidades emocionais para a vida.


DESENVOLVEMENTO:

Para o desenvolvemento do proxecto,que en principio parecíanos moi ambicioso, seguimos os seguintes pasos:
-Lecturas sobre o tema ,con reunións para comentar as lecturas,pois todos eramos conscientes da necesidade da formación previa. Nesta fase incluímos a sesións de docencia recibidas por parte dunha psicoterapeuta.
-Reflexión e debate sobre o que queríamos conquerir.
-Búsqueda e elaboración de  actividades para realizar co alumnado.


Os materiais elaborados abarcaron moitas áreas :
-sesións de animación a lectura (Ver "LER FAINOS MILLORES") 
-actividades físicas de relaxación
-elaboración de murais emocionais
-diarios emocionais de clase
-xogos
-cancións
-cadernillo de rimas sobre os bós modais
-resolución de problemas
-representacións teatrais..
-e moita, moita reflexión


CONCLUSIÓNS:

Sentimos que o traballo deste curso supuso a iniciación na educación emocional .
Vemos que estamos alerta para aproveitar as situación que se dan na práctica educativa.
Percibimos tamén unha infiltración do vocabulario emocional en moitas actividades que levamos a cabo.
Plantexámonos a  posibilidade de seguir en próximos cursos afondando en algunha das moitas sendas que abrimos este curso.
¡A experiencia foi moi satisfactoria!