Amosando publicacións coa etiqueta Os nosos premios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Os nosos premios. Amosar todas as publicacións

16/10/19

Proxecto Digicraft

Hoxe desenvolveuse na Cidade da Cultura en Santiago a primeira xornada de formación dos centros seleccionados no Proxecto Digicraft en tu cole, alí estiveron  dúas mestras do noso centro.
O CEIP Quintela de Moaña foi un dos 50 seleccionados en toda Galicia, para participar neste proxecto de colaboración entre a Consellería de Educación o AMTEGA e Vodafone que ten por obxectivo contribuír ao fomento das competencias dixitais.
A conselleira de Educación Carmen Pomar na presentación de Digicraft

13/12/17

Premio ao proxecto "Día da ciencia en galego"

Estamos de noraboa!!
A asesoría de Bibliotecas Escolares vén de publicar a resolución do IV Concurso de traballos por proxectos correspondente ao curso 2016-2017.
 O CEIP Quintela  de Moaña foi premiado polo proxecto "Día da ciencia en 4º curso", feito que nos reconforta polo recoñecemento ao traballo por competencias e ao traballo desenvolvido a prol da divulgación da Ciencia en galego.
Os nosos e as nosas investigadoras compartiron con todo o cole as súas investigacións e agora veñen de ser recoñecidos no seu labor. Foi o produto final de parte da materia "Aprender a investigar", a materia de libre configuración elixida no noso centro.

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!!

03/12/16

Premio á investigación en E. Infantil

 De novo gañamos un premio no Concurso de Traballos por proxectos, convocado pola Dirección Xral de Centros da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

O portal da Xunta de Galicia publica hoxe os centros premiados no III Concurso de Traballos por Proxectos. O noso centro acada un premio polo traballo realizado o curso pasado na aula de 6º de Infantil "As bolboretas Un proxecto de investigación que compartiron con todos nós.

O enlace para ver a súa investigación: As bolboretas

Parabéns á profe Ana e aos seus científicos alumnos/as.


Este foi o proxecto de investigación dos nenos e nenas da clase das bolboretas (6º Infantil) o curso pasado.
.

03/12/15

Premio ao traballo por proxectos

Estamos moi contentos/as! 
O noso centro acada, unha vez máis, un premio ao seu traballo
Acaba de publicarse a resolución do II Concurso de traballos por proxectos impulsados dende a biblioteca escolar. O noso cole vén de ser premiado polo proxecto "Construímos", desenvolvido o curso pasado, e no que participou toda a comunidade educativa.

Esta é a publicación na páxina da xunta:

Resolución concurso proxectos 

Para ver parte do noso proxecto:

13/05/11

Crónica da entrega de Premios

Esta vez encargámoslle a Óscar e Noa, os alumnos que foron a Madrid a crónica do día:

Si queredes ver algunhas fotos, entrade  AQUÍ

08/05/11

Viaxamos a Madríd

O mércores 11 de maio vaise celebrar na Biblioteca Nacional, en Madrid a entrega de premios de "Boas prácticas na innovación e dinamización da biblioteca escolar"

O noso colexio estará alí para recibir o seu premio, representado polo director, a coordinadora de biblioteca, e a coordinadora de Normalización.
Nos acompaña ademais Iván Costa Blanco, antiguo alumno do colexio e protagonista da primeira entrada na galipedia realizada polo noso alumnado, ademais de dous nenos da clase de cuarto (Noa e Óscar) que contarán o conto "A cebra Camila" coa técnica do Kamishibai. Veremos tamén un vídeo que mostra as distintas actividades que realizamos na nosa biblioteca escolar.

14/03/11

Lingua galega tv

Lingua galega tv, a canle de televisión por internet, subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de publicar o vídeo filmado no noso centro sobre o Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística, agora de Dinamización .
Para acceder,  hai que seleccionar do primeiro grupo de vídeos "Lingua, cámara, acción", o titulado "Premios de Innovación en Dinamización Lingüística. Poderemos ver tamén unha reportaxe sobre o proxecto do IES de Rodeira , en Cangas, que tamén resultou premiado.Preme na imaxe.

15/12/10

Premio para a biblioteca do cole

No colexio de Quintela estamos moi, moi contentos.

Acabamos de recibir a noticia de que veñen de concedernos o III Premio do Ministerio de Educación no "concurso nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas escolares", cunha dotación económica de 7.000 euros.

Este premio non sería posible sen a colaboración e implicación nos traballos da biblioteca de todo o profesorado e familias.

Gracias a todos e todas, e a seguir traballando coa ilusión que nunca nos faltou!!!!

27/10/10

Un novo premio

Estamos de noraboa:
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de anunciar a resolución aos premios e Innovación en dinamización Lingüística.
De novo, e por segundo ano, o nos centro ve premiado o seu proxecto, (En galego pola rede II) que é unha continuidade do anterior.

Os premiados nesta edición, xunto co noso colexio son:
CEIP de Aguiño, en Ribeira (A Coruña), o CRA Mestra Clara Torres, en Tui (Pontevedra), o IES Perdouro, en Burela (Lugo) e o IES Rodeira, en Cangas (Pontevedra)
A información, na páxina da Xunta:
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

02/12/09

Premios á innovación en normalización lingüística

No CEIP Quintela volvemos a estar de noraboa!!!:

Veñen de publicarse os Premios á innovación en normalización lingüística nos centros escolares.

O noso centro é un dos premiados co proxecto "En galego pola rede".

O proxecto deberá desenvolverse no curso 2009/2010.

Aquí tedes a lista dos premiados:

CEIP Aguiño, Ribeira (A Coruña)
CEIP A Gándara-Sofán, Carballo (A Coruña)
CEIP A Pedra, Bueu (Pontevedra)
CEIP Bergantiños, Carballo (A Coruña)
CEIP Quintela, Moaña (Pontevedra)
IES Menéndez Pidal (A Coruña)
IES Sardiñeira (A Coruña)

Debido á calidade dos proxectos presentados, concédense ademais 4 accésit.

IES Félix Muriel, Rianxo (A Coruña)
IES Perdouro, Burela (Lugo)
IES Rodeira, Cangas (Pontevedra)
IES Porto do Son, Porto do Son (A Coruña)

Se queredes toda a información, clicade AQUÍ

Parabens aos demais centros!!!