O cole de Quintela conmemora o Día das Letras Galegas levando un broche en forma de pandeireta feitos na impresora 3D.
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas b>. Amosar todas as publicacións
18/05/25
22/05/18
EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2018
Estimadas familias:
Queda aberta ao público a Exposición Interactiva que temos preparada no cole sobre María Victoria Moreno Márquez.
Lembrade que para visualizar os contidos de realidade aumentada é preciso ter a aplicación Aurasma (agora cambiou o icono a HP Reveal), dispoñible tanto para Android como para Ios.
Tamén temos unha guía impresa sobre como visitar a exposición, que podedes coller na caixa colocada na entrada do colexio.
Poñemos a vosa disposición algún dos Ipad do cole para que poidades realizar a visita.
O horario de visita será de 15:30 a 17:30 horas, desde o día 23 de maio ata o 10 de xuño.
01/06/17
ABRIMOS A EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE CARLOS CASARES
A partir de mañá e ata que remate o curso, queda aberta a exposición feita polo alumnado dos distintos cursos sobre Carlos Casares, persoa a quen se lle dedica este ano as Letras Galegas. Como sabedes, a exposición é interactiva e ten contidos de realidade aumentada que só poderedes ver se tedes descargada a aplicación AURASMA nos vosos dispositivos móbiles.
Tamén podedes pedir no cole algún dos Ipads que estarán a vosa disposición.
VIDE DESCUBRIR OS CONTIDOS EN REALIDADE AUMENTADA QUE AGOCHA A EXPOSICIÓN.
ESPERAMOS A VOSA VISITA!!!
HORARIO: de 9:00 h. a 10:00 h. pola mañá e de 15:00 h. a 16:00 h. pola tarde.
Aquí vos deixamos unha guía para realizar a visita. Tamén a teredes en formato papel na entrada do cole.
27/05/17
Código QR para descargar a aplicación Aurasma
A TRAVÉS DO SEGUINTE CÓDIGO QR, PODEMOS ACCEDER A TODA INFORMACIÓN SOBRE COMO DESCARGAR, INSTALAR E UTILIZAR A APLICACIÓN AURASMA PARA VISITAR A EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS CASARES, AUTOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017.
26/05/17
EXPOSICIÓN CARLOS CASARES. LETRAS GALEGAS 2017
ESTE ANO, PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017, FAREMOS NO COLE UNA EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE CARLOS CASARES, ESCRITOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA ESTE ANO.
SE QUEREDES VIR VISITAR A EXPOSICIÓN NECESITAREDES UN DISPOSITIVO MÓBIL (MÓBIL, TABLET, IPAD,...) E A APLICACIÓN "AURASMA".
AQUÍ VOS DEIXAMOS DOUS TITORIAIS FEITOS POLOS NENOS/AS DE 6º DE PRIMARIA DO CURSO PASADO PARA PODER DESCARGAR A APLICACIÓN NOS DISPOSITIVOS IOS OU ANDROID.
TITORIAL PARA DISPOSITIVOS IOS
TITORIAL PARA DISPOSITIVOS ANDROID
Tamén vos deixamos o titorial feito polo alumnado de 6º de primaria sobre como utilizar o programa AURASMA para visitar a exposición interactiva.
04/05/17
Visita do IES Carlos Casares
Hoxe aprendemos un pouco máis de Carlos Casares, o escritor das Letras Galegas 2017.
Viñeron ao cole un grupo de alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo que investigaran moito sobre o escritor, tanto que lle deron no curso pasado un premio de Innovación en Normalización Lingüística no curso pasado.
Realizaron actividades simultáneas e diferentes en todos os cursos: Contaron contos a dous xogos on line que eles crearon coa axuda das súas profes, xogaron ao trivial, fixeron quebracabezas xigantes, xogaron á oca...
Pasámolo moi ben, foi moi divertido .
Moitas grazasa todos os alumnos e alumnas, e tamén ás súas profes !!!!
Viñeron ao cole un grupo de alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo que investigaran moito sobre o escritor, tanto que lle deron no curso pasado un premio de Innovación en Normalización Lingüística no curso pasado.
Realizaron actividades simultáneas e diferentes en todos os cursos: Contaron contos a dous xogos on line que eles crearon coa axuda das súas profes, xogaron ao trivial, fixeron quebracabezas xigantes, xogaron á oca...
Pasámolo moi ben, foi moi divertido .
Moitas grazasa todos os alumnos e alumnas, e tamén ás súas profes !!!!
27/05/16
Abrimos a exposición interactiva. Non a perdades!
EXPOSICIÓN INTERACTIVA
LETRAS GALEGAS 2016 "MANUEL MARÍA"
A
partires desta tarde, queda aberta ao público a Exposición Interactiva sobre
Manuel María feita por todo o alumnado
E necesario instalar
a aplicación AURASMA para poder acceder aos contidos interactivos (aquí vos
deixamos un titorial sobre como facelo http://colexioquintela.blogspot.com.es/…/exposicion-interac… )
Non esquezades de FACERVOS SEGUIDORES DA NOSA CANLE no AURASMA, do contrario, non poderedes ver os contidos agochados.
Non esquezades de FACERVOS SEGUIDORES DA NOSA CANLE no AURASMA, do contrario, non poderedes ver os contidos agochados.
Na entrada
do cole, tedes algúns consellos prácticos máis!
En
caso de non poder acceder cos dispositivos móbiles, falade co profesorado de
garda, para que vos presten algunha das tablet do cole.
Podedes vir de 9h a 10h e de 15:30h a
17:00h. ⏰
MOITAS GRAZAS!
26/05/16
Rematou o festival 2016
Rematamos o festival das letras galegas 2016.
As mestras e mestres do cole queremos felicitar a todos os nenos e nenas pola ilusión con que participan e polo ben que o fixeron.
Tamén queremos darlle as grazas ás familias por axudarnos tanto para que todo saia ben.
Nos próximos días iremos enlazando nos blogs do cole os vídeos e fotos das actuacións.
24/05/16
19/05/16
EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2016
Aquí vos deixamos o titorial feito polo alumnado de 5º de primaria sobre como utilizar o programa AURASMA para visitar a exposición interactiva de Manuel María que faremos no cole.
Poemas pola rúa
Seguindo a proposta do Concello de Moaña, sacamos a poesía á rúa.
Os nenos e nenas de quinto curso foron os encargadas de colgar pola rúa os poemas de Manuel María que prepararon en todas as aulas.
Os poemas levan incorporados códigos QR para poder visualizar os vídeos con recitados de poemas do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
11/05/16
EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2016
ESTE ANO, PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016, FAREMOS NO COLE UNA EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE MANUEL MARÍA, ESCRITOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA ESTE ANO.
SE QUEREDER VIR VISITAR A EXPOSICIÓN NECESITAREDES UN DISPOSITIVO MÓBIL (MÓBIL, TABLET, IPAD,...) E A APLICACIÓN "AURASMA".
AQUÍ VOS DEIXAMOS DOUS TITORIAIS FEITOS POLOS NENOS/AS DE 6º DE PRIMARIA PARA PODER DESCARGAR A APLICACIÓN NOS DISPOSITIVOS IOS OU ANDROID.
TITORIAL PARA DISPOSITIVOS IOS
TITORIAL PARA DISPOSITIVOS ANDROID
16/05/15
26/05/13
Festival Letras Galegas para as familias
Coma outros anos, invitamos ás familias a asistir á función das Letras Galegas 2013.
O Festival celebrarase en dúas sesións, en función da duración de cada actuación e do aforo do Auditorio Municipal.
Que supa o pano!Este ano ten un especial protagonismoo teatro. Este é o programa para as familias:
25/05/13
Festival Letras Galegas 2013
Este ano, no Festival das Letras galegas, o Ceip Quintela quere homenaxear a Roberto Vidal Bolaño e a súa paixón: o teatro. Así, no programa deste ano predomina o teatro con pezas de Fina casalderrey, Chus Pereiro e outras autoras de teatro infantil. Actuarán de presentadores Óscar e Yoli, de sexto curso.
A función, na sesión parao alumnado dará comenzo ás 11.30 no Auditorio Municipal.
A función, na sesión parao alumnado dará comenzo ás 11.30 no Auditorio Municipal.
10/05/12
LETRAS GALEGAS 2012
Como sabedes, este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a Valentín Paz Andrade. Preme na imaxe, para saber un pouco sobre este autor.
26/05/11
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
O pasado día 23, celebramos no colexio o Festival das Letras Galegas, dedicadas este ano a Lois Pereiro. Todo o alumnado participou neste festexo recitando poemas, cantando cantigas, facendo obras de teatro....
A continuación, presentamos algúns videos desta celebración:
- "A princesa do Courel" (6º de EI)
- "Rock da miña rúa" (1º de EP)
- "Galicia", poema de Manuel María (6º de EP)
18/05/09
Festival das Letras Galegas
Mañá teremos o festival das Letras Galegas do cole.
Este é o programa:
"Rataferoz" 5º.Teatro
"Media volta" 1º. Danza
"A galiña azul" 3º .Teatro
"Pin Pon" 2º. Canción.
"O polo Pepe". 3 e 4 anos. Canción.
"Ronsel da lingua" 4º. Música.
"Son de muiñeira" 3º. Danza con acompañamento de Xabier Blanco
"Peza de gaita". Xabier Blanco
"Os tres porquiños" 5 anos. Canción.
"Falemos galego" 5º. Pandeiretas
"Na beira do mar" 6º. Frauta.
"A verdadeira historia de Carapuchiña" 6º. Teatro
Centro cultural Daniel Castelao
Martes 19 as 4 da tarde.
Este é o programa:
"Rataferoz" 5º.Teatro
"Media volta" 1º. Danza
"A galiña azul" 3º .Teatro
"Pin Pon" 2º. Canción.
"O polo Pepe". 3 e 4 anos. Canción.
"Ronsel da lingua" 4º. Música.
"Son de muiñeira" 3º. Danza con acompañamento de Xabier Blanco
"Peza de gaita". Xabier Blanco
"Os tres porquiños" 5 anos. Canción.
"Falemos galego" 5º. Pandeiretas
"Na beira do mar" 6º. Frauta.
"A verdadeira historia de Carapuchiña" 6º. Teatro
Centro cultural Daniel Castelao
Martes 19 as 4 da tarde.
08/05/08
Letras galegas 2008
Estos días estamos preparando o festival das letras galegas. Todos os cursos preparan obriñas teatrais, cancións, poemas, bailes,..
Por outro lado, tamén estamos aprendendo cousas do homenaxeado: Xosé María Álvarez Blázquez.
Tedes máis información en DINAMIZA,NORMALIZA e en BIBLIOTECA DO COLE.
Os nenos e nenas de 5º curso fixeron unhas montaxes cos seus poemas.Están en
Aquí tedes un de mostra:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






