Amosando publicacións coa etiqueta A nosa biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A nosa biblioteca. Amosar todas as publicacións

15/12/25

Obradoiro de Nadal

 A semana pasada, tivemos obradoiro de manualidades navideñas para decorar o cole e tamén para levar a casa.

Fixémolo nas horas do recreo e as propostas foron: unha estrela, un círculo con cintas, un boneco de neve ou un reno para deixar decorando os corredores do cole e logo, un marcapáxinas para levar a casa.

O cole quedou fermoso!

19/06/25

PRÉSTAMOS DE VERÁN

  Como xa están aí as vacacións e a  biblioteca do cole vai pechar,  tedes un ano máis, a posibilidade de levar en préstamo durante o verán un lote de libros da biblioteca escolar.

Este lote estará formado por un máximo de 15 libros, por neno/a.Nos primeiros días de clase, en setembro, enviarémosvos unha nota co horario no que podedes devolvelos.

Os libros podedes seleccionalos na biblioteca o mércores 25 e o xoves 26. Dúas nais, do equipo de apoio á biblioteca, e as mestras, estarán alí para atendervos de 9.30 a 13.30h.

                       Saúdos e boas lecturas para o verán!!!



29/04/25

CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS

 O vindeiro luns 5 de maio, teremos unha xuntanza do club de lectura de familias, ás 20h, na biblioteca do cole. Nesta caso limos "Doncella de hierro", de Eva Riobó, e temos a sorte de contar con ela nesta xuntanza.

Animamos ás familias que o desexen a participar na xuntanza!!!




11/03/25

Actuación Migallas

Este venres, 14 de marzo, ás 17h, disfrutaremos na biblioteca do colexio, dentro do programa Lectura e familias, , da actuación de "O libro máxico", do grupo Migallas.


 

09/03/22

Aprendemos sobre a organización da biblioteca en 3º e 4º de primaria

Estos días estamos traballando a organización dos distintos espazos da biblioteca para saber movernos polos distintos recantos. Aproveitamos as sphero Mini para facer a aprendizaxe máis divertida.




12/04/18

Biblioteca viva, escola viva

Hoxe xoves e mañán venres estánse a celebrar os Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares

Estes encontros, que reúnen a mais de 600 docentes responsables de bibliotecas escolares,  teñen como obxectivo a formación en base as experiencias que aportan diferentes expertos en temas como: a lectura, o traballo por proxectos, o fomento da investigación.

O noso centro estará alí representado pola responsable da nosa biblioteca escolar, que ademais foi invitada a expoñer a nosa experiencia . O título da súa charla é :
" Unha biblioteca LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe): “Biblioteca viva, escola viva” 

03/05/16

As familias contan

A semana pasada a clase de 2º recibimos a visita de Teruca.
Contounos un precioso conto titulado "Quen levou a Lúa?"
Tamén fixemos con ela marcapáxinas de lúas e soles.
Que bonito todo, moitas grazas Teruca!!

23/04/16

Celebramos o día do libro durante todo o mes de abril

Estas son algunhas das actuacións que desenvolvemos durante o  mes de abril, para celebrar o mes do libro. Clica nos enlaces para completar a información.

  • O alumnado de 4º, 5º e 6º recibe a Ledicia Costas na biblioteca do cole. despois de ler nos clubs de lectura o seu libro "Escarlatina, a cociñeira defunta".
  • "O noso libro favorito". O alumnado de todos os cursos comparte cos seus compañeiros a súas lecturas favoritas.
  • Exposición de novidades  en colaboración coas librerías, O alumnado visitou a exposición polas mañáns, e as familias pola tarde co obxectivo de que coñezan as novidades editoriais que ofertan as librerías de Moaña.
  • Xuntanzas dos  clubs de lectura do colexio:  5º de Primaria, 6º de Primaria e o club para as familias, coordinado polo bibliotecario municipal.
  • Visita da alcaldesa de Moaña á nosa biblioteca para ser entrevistada polo alumnado de 5º e 6º curso.
  • As familias contan , actividade na que mamás e papás dos mais pequenos veñen contar contos ao cole.
.

18/11/14

Club de lectura de 5º


Os nenos e nenas do club de lectura de 5º xuntámonos para falar sobre o libro "Mil cousas poden pasar" de Jacobo Fernández Serrano.
Desfrutamos moito coa súa lectura pois está cheo de personaxes curiosos e situacións graciosas, pero con moito sobre o que se pode reflexionar. 
Foi bonito tamén xuntarnos coa nosa profe do ano pasado, a ela tamén lle fixo moita ilusión. 
A nosa próxima lectura será a segunda parte do libro. 
Esperamos que nos guste tanto como a primeira. 
Un saúdo

25/10/13

A biblioteca e as familias

A Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, deseñou a elaboración dunha serie de vídeos co fin de mostrar distintos aspectos das boas prácticas nas bibliotecas escolares. 

O noso centro recibiu a proposta para aportar a nosa experiencia na colaboración coas familias.
 O resultado é este vídeo, que hoxe, Día da biblioteca , queremos compartir con vós.
Unha vez máis, queremos agradecervos a vosa colaboración, as vosas propostas, a vosa presenza arredor da biblioteca e da escola.

23/03/13

Marzo, mes da poesía

Este ano ,dedicamos o mes de marzo á poesía de Rosalía de Castro,por cumplirse 150 anos da publicación de Cantares Gallegos e declarar 2013 0 ano de Rosalía. Así, ao longo do mes,nas aulas fóronse traballando distintos poemas desta selección deita polo equipo de biblioteca do cole:
No día da poesía agasallamos ás familias cun poema deRrosalía e un flor

24/03/12

Queridas familias


Acércase o mes do libro no que queremos que as familias participen en actividades de animación á lectura
.Queremos pedir a vosa colaboración para participar como contacontos ou para desenvolver outras actividades que se vos ocorran arredor do libro e a lectura.
 Precisamos a colaboración de pais, nais, avós, irmáns,…para participar e aportar ideas. 
As actividades serán en horario escolar. 
Animádevos e poñédevos en contacto co equipo de biblioteca antes das vacacións de Semana Santa. 
Grazas pola vosa colaboración 
                                           O equipo de biblioteca

04/03/12

Cartas de amor

Este ano a convocatoria da biblioteca escolar as familias é un éxito.
 A proposta era escribir unha carta de amor aos fillos/as. Estamos recibindo cartas fermosisimas,cheas de sentimento.

08/05/11

Viaxamos a Madríd

O mércores 11 de maio vaise celebrar na Biblioteca Nacional, en Madrid a entrega de premios de "Boas prácticas na innovación e dinamización da biblioteca escolar"

O noso colexio estará alí para recibir o seu premio, representado polo director, a coordinadora de biblioteca, e a coordinadora de Normalización.
Nos acompaña ademais Iván Costa Blanco, antiguo alumno do colexio e protagonista da primeira entrada na galipedia realizada polo noso alumnado, ademais de dous nenos da clase de cuarto (Noa e Óscar) que contarán o conto "A cebra Camila" coa técnica do Kamishibai. Veremos tamén un vídeo que mostra as distintas actividades que realizamos na nosa biblioteca escolar.

15/12/10

Premio para a biblioteca do cole

No colexio de Quintela estamos moi, moi contentos.

Acabamos de recibir a noticia de que veñen de concedernos o III Premio do Ministerio de Educación no "concurso nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas escolares", cunha dotación económica de 7.000 euros.

Este premio non sería posible sen a colaboración e implicación nos traballos da biblioteca de todo o profesorado e familias.

Gracias a todos e todas, e a seguir traballando coa ilusión que nunca nos faltou!!!!

26/11/10

Un día movido

O mércores foi un día moi movido no cole:
Os nenos e nenas de 4º de Infantil , os peques do cole, foron á fonte de Entrevalos e ao lavadeiro da Miranda (mandoulles "Paco", a mascota, Proxecto auga)

Os alumnos/as de segundo de Primaria foron pintar á praia da Xunqueira (Proxecto Innovación)


A profe de terceiro de Primaria empezou a gravar as voces dos seus alumnos/as para un audiovisual sobre as súas mascotas (Proxecto Innovación)

Os nenos e nenas de cuarto de Primaria remataron as súas presentacións dixitais sobre os tiburóns (Proxecto tiburóns)

O alumnado de quinto e sexto de Primaria asistiu a unha charla sobre os cogumenos .(Proxecto Fomento do galego)

E ademais o club de lectura de 5º curso xuntouse na biblioteca,

Que cole máis movido!!!!

02/11/10

A nosa biblioteca

O pasado fin de semana celebráronse os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Xuntáronse 1.200 docentes relacionados coas bibliotecas para escoitar conferencias e compartir experiencias.

Como todos os anos, algunhas profesoras do cole acudiron para aprender, compartir, mellorar.

Tivemos ademáis a posibilidade de falar de algunhas das nosas experiencias na biblioteca escolar do noso cole.: os traballos documentais, as aportacións á galipedia, as produccións multimedia, o traballo por proxectos, a participación das familias nas actividades da biblioteca,..
Pódese ver máis información sobre os Encontros en:

16/04/08

Abril , mes dos libros



Como sabedes, neste mes hai dúas data de interés para o libro e a lectura:

2 de Abril Día Internaciónal do libro infantil e xuvenil (Aniversario do nacemento da Hans Christian Andersen)

23 de Abril Día Internacional do Libro (aniversario da morte de Cervantes e Shakespeare)

Por elo, no noso cole celebramos todo o mes como ABRIL ,MES DOS LIBROS , con moitas actividades.Non deixedes de entrar na páxina da nosa biblioteca, para ver o que imos facendo: