Noelia Pérez. distinguida como a mellor técnica de taekwondo de España 2015, estivo na nosa escola falándonos do seu traballo.
Moito alumnado xa a coñecía persolmente por impartir esta especialidade deportiva como extraescolar, pero foron moitas as curiosidades e informacións que nos transmitiu sobre o seu curioso traballo.
Cando rematou a súa intervención fixo unha pequena exhibición dun pumse e houbo unha interminable rolda de preguntas.
Amosando publicacións coa etiqueta Recibimos a... b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recibimos a... b>. Amosar todas as publicacións
09/03/16
08/03/16
Día da muller en Educación Infantil
Hoxe, polo Día Internacional da Muller, viñeron ao cole Araceli e Bea, dúas conductoras de autobús da compañía Autobuses Cerqueiro. Contáronnos moitísimas cousas interesantes sobre o seu traballo e ata nos ensinaron os carnés que precisan para conducir os autobuses!
Moitísimas garzas!
Moitísimas garzas!
10/12/14
Os bombeiros no cole
O pasado venres recibimos no noso colexio a visita dos "Bombeiros do Morrazo". Están levando a cabo unha campaña de recollida de alimentos para "Cáritas Morrazo" e a cambio fannos unha demostración do seu traballo.Aquí tedes unha pequena mostra:
28/10/14
Os animais, os nosos amigos
O mércores, 15 de outubro, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria recibimos no cole a visita de Pedro Estévez. Pedro é veterinario e explicounos unha morea de cousas: agora sabemos que os animais son os nosos amigos dende hai miles de anos, ou que os veterinarios fan moitas máis cousas que curar animais. Tamén nos divertimos moito xogando con Pedro e con “Pongo”.
Ademais de gustarnos os animais, agora tamén os coñecemos mellor e respetámolos máis.
Grazas, Pedro!!
13/05/14
"Cantos animais" de Susa Herrera
O mércores pasado Susa Herrera presentounos o seu último libro Cantos animais. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de E.I e 1º, 2º e 3º de EP fomos ao auditorio Daniel Castelao para escoitar algunhas das cancións. Encántannos! Velaquí tendes algunhas:
O crocodilo
A xoaniña
Mirade que ben bailaron os nenos e nenas de 3ºE.P. con Susa!:
O crocodilo
A xoaniña
Mirade que ben bailaron os nenos e nenas de 3ºE.P. con Susa!:
06/03/12
A linguaxe dos xordos
A asociacion de Xordos de Galicia achegouse ao noso centro, para explicarlles aos nenos e nenas as barreiras que atopan, e como vencelas. Ao longo da mañá, todos cursos aprenderon algunhas palabras na linguaxe dos signos, e "escoitaron" un contiño:
26/11/10
Un día movido
Os nenos e nenas de 4º de Infantil , os peques do cole, foron á fonte de Entrevalos e ao lavadeiro da Miranda (mandoulles "Paco", a mascota, Proxecto auga)
Os alumnos/as de segundo de Primaria foron pintar á praia da Xunqueira (Proxecto Innovación)
A profe de terceiro de Primaria empezou a gravar as voces dos seus alumnos/as para un audiovisual sobre as súas mascotas (Proxecto Innovación)
Os nenos e nenas de cuarto de Primaria remataron as súas presentacións dixitais sobre os tiburóns (Proxecto tiburóns)
O alumnado de quinto e sexto de Primaria asistiu a unha charla sobre os cogumenos .(Proxecto Fomento do galego)
E ademais o club de lectura de 5º curso xuntouse na biblioteca,
Que cole máis movido!!!!
23/04/08
Visita especial
O Día do libro , o alcalde de Moaña, escritor e poeta, visitou a nosa biblioteca escolar, para charlar cos nenos e nenas de 6º curso.
Máis informacion en BIBLIOTECA DO COLE
03/12/07
Charla para nais e pais
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


