Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: O Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: O Samaín. Amosar todas as publicacións

01/11/25

A ANPA organiza unha festa no Samaín

 Este curso, por primeira vez, a nosa ANPA organizou unha festa polo Samaín.

Decoraron o cole, organizaron obradoiros de pintura, carautas, maquillaxe, discoteca, xogos...

Tamén trouxeron animadores para organizar actividades lúdicas coa rapazada que resultou un éxito.

Ademáis, o alumnado de 6º de primaria montou unha cantina para recaudar fondos para a súa excursión de fin de curso.

Foi unha xornada de convivencia moi enriquecedora que, esperamos, volver repetir nos vindeiros cursos.

Moitas grazas polo voso bo facer!


Samaín

 Fermosas as cabazas que prepararon as nenas e nenos para decorar o cole e acender no día do Samaín.

04/11/20

Samaín 2020

 Moitas grazas a todas as familias polas cabazas aportadas neste Samaín

05/11/19

Samaín 2019

Moitas grazas a todas as familias polas fermosas cabazas aportadas neste Samaín.

12/11/18

O SAMAÍN NO COLE

Aquí deixamos un resumo, feito polo alumnado de 5º curso, do día 31 de outubro o entrar o alumnado no cole. Atoparon todas as luces apagadas e as cabazas prendidas. Gustoulles moito!

03/11/17

Samaín 2017

Un ano máis os nosos corredores quedaron espectaculares coas cabazas aportadas polas familias do alumnado. Queremos amosar o noso agradecemento pola súa participación. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

02/11/16

Samaín en Quintela

Un ano máis a exposición de cabazas decoradas foi un éxito. Grazas a todas as familias pola súa xenerosa participación.