Amosando publicacións coa etiqueta Educación Física. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Física. Amosar todas as publicacións

22/06/26

Olimpíada escolar

 Un ano máis, o cole quere felicitar a todo o alumnado, ás familias e a ANPA pola gran labor feita de cara a olimpíada.

Orgullosas do traballo realizado.


Parabéns!


















16/12/25

Cros Provincial

 O sábado, disputouse en Zamáns o Cros Provincial de campo a través. O noso centro clasificou a varios deportistas que correron con moitas ganas e ilusión.

Parabéns a todas e todos!









08/11/25

Cros Zonal Xogade

Aquí deixamos un pequeno resumo do cros zonal que se disputou o martes nas inmediacións das pistas de atletismo da Xunqueira.

03/06/25

Horarios Olimpíada Escolar

 Estimadas familias:

Aquí deixamos o horario da Olimpíada Escolar que se disputará o vindeiro sábado 7 de xuño nas pistas de atletismo da Xunqueira.

A cor amarela é para o alumnado de 6° de primaria.

A cor verde, para o alumnado de 4° e 5° de primaria.

A cor azul, para o alumnado de 2° e 3° de primaria.

A cor rosa, para o alumnado de 6° de infantil e 1° de primaria.

O alumnado de 4° e 5° de infantil pechará a competición coa carreira de 230 m/l ás 19:10 horas.



27/06/23

Final do Campionato Escolar de Ergómetro

Nos últimos días de cole, o alumnado de 4º, 5º e 6º participou no Campionato Escolar de Ergómetro organizado pola S.D. Samertolameu Fandicosta. Clasificáronse varios nenos e nenas para a final, que se celebrou este pasado venres nas inmediacións da lonxa de Meira.

Estivo moi emocionante e conseguíronse moitas medallas.

Aquí vos deixamos un resumo.

 

20/06/22

Olimpíada escolar

 Aquí vos deixamos un breve resumo do día da Olimpíada. Unha vez máis, grazas familias e grazas nenos e nenas polo voso esforzo. Seguimos e seguiremos estando moi orgullosas e orgullosos do voso traballo.

Parabéns!!


20/05/22

Horario probas Olimpíada Escolar

 

Aquí deixamos o horario das distintas probas da Olimpíada Escolar que se celebrará o día 11 de Xuño.

A cor rosa sería para o alumnado de 6º de primaria.

A cor amarela sería para o alumnado de 4º e 5º de primaria.

A cor laranxa sería para o alumnado de 2º e 3º de primaria.

A cor verde sería para o alumnado de 6º de infantil e 1º de primaria.

Grazas de antemán pola vosa colaboración.



02/05/22

Rematan as clases de natación para 6º de primaria

 Pasámolo en grande o venres na piscina, con variados xogos e coa profe Gali dentro da auga!




22/04/22

Terceiro día de piscina na aula de 6º de primaria

 Hoxe tivemos a nosa terceira sesión de E.F. na piscina. Traballamos un pouquiño braza e tamén estivemos facendo algo que nos gusta moito, tirarnos de distintos xeitos!




08/04/22

Segundo día de piscina na aula de 6º de primaria

 Aquí vos deixamos un resumo da xornada de hoxe. Traballamos conceptos básicos de espalda e algo de braza.



01/04/22

6º de primaria fai uso das instalacións da piscina municipal de Moaña

O concello de Moaña, en colaboración coa piscina municipal, ofrece a todos os coles a posibilidade de gozar dun día a semana durante un mes, das instalacións da piscina por parte dos mestres de educación física para o traballo dos contidos da natación co alumnado.
Hoxe, dentro da sesión de E.F., os nenos e nenas de 6º fomos á mesma para  desfrutar e aprender sobre natación.
Saímos encantados!

18/09/20

ADAPTÁNDONOS Á "NOVA NORMALIDADE"

No cole, contamos con estos vestiarios espaciosos e ben equipados para manter a seguridade e hixiene do noso alumnado, tanto en educación física como no momento de patio no recreo.

Foi grande a reforma que se fixo, pero quedou fermosísima e moi útil para esta nova situación que nos tocou vivir.


vestiario dos nenos

vestiario das nenas


02/02/20

CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO


Algúns dos nosos nenos e nenas conseguiron a clasificación para o Campionato Provincial de atletismo cando correron no Cross Zonal que se celebrou nas inmediacións das pistas de atletismo da Xunqueira.
Correron este fin de semana en Castrelos, Vigo.
O cole quere dar os parabéns a todos  todas pola  vosa excelente  participación.








14/11/19

Fútbol Sala

Onte, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tivemos o pracer de recibir no noso cole a Pili (Entrenadora Nacional de Fútbol Sala, Licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e actual entrenadora do equipo O Fisgón Futsal de Moaña). Contounos moitas cousas sobre este deporte, pero tamén fixo que reflexionáramos sobre a pouca participación feminina no mesmo. Deixounos claro que este deporte pode ser practicado tanto por homes como por mulleres, sen diferencias de ningún tipo. 
Grazas Pili polo teu tempo e tamén por esa maneira de enfocar o deporte feminino, non só o fútbol, senón calqueira deporte que queiramos practicar as mulleres.



12/11/19

XOGOS POPULARES EN EDUCACIÓN FÍSICA

Este trimestre, en Educación Física, comezamos coa práctica dos Xogos Populares e Tradicionais de Galicia. Deixamos un resumo dos mesmos en imaxes e vídeos.



01/05/19

Atletismo en pista na aula de 5° de primaria

Onte, os nenos e nenas de quinto participaron na xornada de atletismo en pista promovida polo programa XOGADE.
Foi nas pistas de atletismo de Cangas e pasámolo xenial.




4ª sesión de piscina en 6° de primaria

O luns foi o último día de piscina. Quedamos con ganas de máis...



27/04/19

3ª sesión de piscina en 6° curso

O traballo estivo centrado no estilo de costas, con algún repaso dos estilos practicados nas sesións anteriores.
Rematamos con partido de waterpolo.



09/04/19

2° día de piscina en 6°

Hoxe traballamos  braza e repasamos o que aprendemos de crol na sesión anterior.


05/04/19

1° día de piscina en 6° curso

Hoxe foi o noso primeiro día. Estabamos moi nerviosos, pero pasóusenos pronto e gozamos moito....