Amosando publicacións coa etiqueta Inicio de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inicio de curso. Amosar todas as publicacións

03/09/21

Plan de Adaptación á situación COVID

 Seguindo o Protocolo publicado pola Consellería de Cultura, Educación e  Universidade, presentamos a Adaptación para o noso cole, que se aplicará desde o comezo das clases o vindeiro 9 de setembro:


10/09/19

RECTIFICACIÓN DO HORARIO DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN


Este é horario do período de adaptación definitivo. Fixádevos ben, porque á primeira hora de hoxe publicamos un que tiña un erro. Desculpade as molestias.


10/09/16

Comenzamos

O vindeiro luns comezamos un novo curso, cun aumento moi grande de alumnado (moitas grazas queridas familias por confiar en nós).
A pesar diso a nosa administración educativa aplícanos un inxustísimo recorte de profesorado, suprimindo o posto de mestra de apoio en Educación Infantil.
Pero os nosos nenos e nenas non deben percibir desánimo. O novo curso para eles ten que ser ilusionante.
Por iso imos sustituír  o timbre de entrada e saída por música.


Nenos, nenas, e familias:
 Benvidos ao curso 2016-2017 no cole de Ceip Quintela de Moaña

11/09/12

Empeza un novo curso

O mércores 12 de de Setembro iniciamos un novo curso. 
O horario é  de 9 a 2, agás os pequenos de 4º de Infantil, que se irán imcorporando a súa aula segundo o horario de adaptación que se lle achegou ás familias. 
Os nenos e nenas interesados no uso do comedor escolar deben informar canto antes en dirección.
O profesorado do CEIP Quintela desexavos a todos e todas un bó curso!

10/09/11

Inicio de curso

O luns 12 de de Setembro iniciamos un novo curso. O horario será de 9 a 2, agás os pequenos de 4º de Infantil, que se irán imcorporando a súa aula segundo o horario de adaptación que se lle achegou ás familias. O profesorado do CEIP Quintela desexavos a todos e todas un bó curso!

09/09/09

Comenzo das clases


Mañá xoves comezarán as clases.
O horario vai ser coma sempre de 9 a 2.

O comedor escolar comezará a funcionar a partir do luns 14 de setembro.
Benvidos a todos e todas !!!!

10/09/08

Inicio de curso


Mañá, xoves día 11 de setembro, comenzamos as clases. O horario será de 9 a 2, agás os pequenos de 3 anos ( 4º de Infantil ) , que teñen un horario diferente os primeiros días.

O servicio de comedor empezará a funcionar a partir do luns .