Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2016-2017 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2016-2017 b>. Amosar todas as publicacións
26/06/17
18/06/17
UN TRABALLADO E MERECIDO 2º POSTO NA OLIMPÍADA
O cole quere dar os parabéns a todos os nenos e nenas polo seu esforzo, implicación e participación na XXXVII Olimpíada escolar. Nin o calor foi capaz de impedir que os nosos pequenos e pequenas desen o máximo de sí mesmos na realización das distintas probas.
O resultado deste esforzo foi un espléndido 2º posto!!! Non podemos estar máis orgullosos deles e delas!!!!!!
Tamén queremos dar os parabéns ao magnífico traballo da nosa ANPA, pola súa colaboración e o seu agasallo (unha carpa na que tiñan todo preparado para repartir dorsais, tiquets de merenda...).
Tamén queremos dar os parabéns ao magnífico traballo da nosa ANPA, pola súa colaboración e o seu agasallo (unha carpa na que tiñan todo preparado para repartir dorsais, tiquets de merenda...).
16/06/17
15/06/17
Movémonos...en Ponte Sampaio
O xoves 15 todo o cole estivo de excursión en Ponte Sampaio (tan preto de nós e sen coñecelo). O alumnado de sexto, por ser os maiores levamos da man aos nenos e nenas de 1º ata onde eles ían descansar e nós seguimos o noso camiño con 4º e 5º ata a illa do Medal; onde tamén descansamos, xogamos e merendamos. O alumnado de 1º xa esperaba con ganas por nós porque gustáralles cando os acompañaramos á festa do Comicon.
14/06/17
Movémonos
Lembrades que participamos nun xogo europeo para fomentar os desprazamentos sostibles ( camiñando, en coches compartidos, en bici)?
Hoxe fixemos a última medición , un mes despois de participar no xogo.
A pesares de ter rematado o xogo, seguimos mellorando!!!
Antes de empezar o xogo, un 47% do alumnado desprazábase de xeito sostible para vir ao cole. Ao rematar o xogo, xa era un 66% por certo o que viña camiñando ou en coche compartido.
A medición de hoxe da un 71%.
Ben polas familias!!!

Pero o alumnado tamén merece un premio: este venres terán 15 minutos mais de recreo.
06/06/17
HORARIO DAS PROBAS DA OLIMPÍADA ESCOLAR 2017
Estimadas familias.
Como xa sabedes, o día 17 deste mes temos a Olimpíada escolar. Aquí deixamos o horario das diferentes probas para que o vaiades consultando, aínda que tamén enviaremos unha nota coa proba na que participa cada neno e nena e o horario da mesma.
O suliñado en cor rosa é para o alumnado de 6º de primaria.
O suliñado en cor verde é para o alumnado de 4º e 5º de primaria.
O suliñado en azul é para o alumnado de 2º e 3º de primaria.
O suliñado en vermello é para o alumnado de 6º de infantil e 1º de primaria.
01/06/17
ABRIMOS A EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE CARLOS CASARES
A partir de mañá e ata que remate o curso, queda aberta a exposición feita polo alumnado dos distintos cursos sobre Carlos Casares, persoa a quen se lle dedica este ano as Letras Galegas. Como sabedes, a exposición é interactiva e ten contidos de realidade aumentada que só poderedes ver se tedes descargada a aplicación AURASMA nos vosos dispositivos móbiles.
Tamén podedes pedir no cole algún dos Ipads que estarán a vosa disposición.
VIDE DESCUBRIR OS CONTIDOS EN REALIDADE AUMENTADA QUE AGOCHA A EXPOSICIÓN.
ESPERAMOS A VOSA VISITA!!!
HORARIO: de 9:00 h. a 10:00 h. pola mañá e de 15:00 h. a 16:00 h. pola tarde.
Aquí vos deixamos unha guía para realizar a visita. Tamén a teredes en formato papel na entrada do cole.
28/05/17
Os vídeos do Festival das Letras
Aquí temos os vídeos das Letras Galegas. Grazas a Xosé Villaverde "Villa", avó de Claudia que colaborou con nós facendo as fotos e vídeos do festival.
27/05/17
Código QR para descargar a aplicación Aurasma
A TRAVÉS DO SEGUINTE CÓDIGO QR, PODEMOS ACCEDER A TODA INFORMACIÓN SOBRE COMO DESCARGAR, INSTALAR E UTILIZAR A APLICACIÓN AURASMA PARA VISITAR A EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS CASARES, AUTOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017.
26/05/17
EXPOSICIÓN CARLOS CASARES. LETRAS GALEGAS 2017
ESTE ANO, PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017, FAREMOS NO COLE UNA EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE CARLOS CASARES, ESCRITOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA ESTE ANO.
SE QUEREDES VIR VISITAR A EXPOSICIÓN NECESITAREDES UN DISPOSITIVO MÓBIL (MÓBIL, TABLET, IPAD,...) E A APLICACIÓN "AURASMA".
AQUÍ VOS DEIXAMOS DOUS TITORIAIS FEITOS POLOS NENOS/AS DE 6º DE PRIMARIA DO CURSO PASADO PARA PODER DESCARGAR A APLICACIÓN NOS DISPOSITIVOS IOS OU ANDROID.
TITORIAL PARA DISPOSITIVOS IOS
TITORIAL PARA DISPOSITIVOS ANDROID
Tamén vos deixamos o titorial feito polo alumnado de 6º de primaria sobre como utilizar o programa AURASMA para visitar a exposición interactiva.
25/05/17
Rematamos o Festival das Letras Galegas 2017
Un ano máis celebramos con moita ilusión o Festival das Letras Galegas.
O profesorado do colexio queremos felicitar a todo o alumnado polo seu esforzo e polo ben que o fixeron.
Tamén queremos agradecerlles ás familias a axuda prestada para que todo saise ben.
Nos vindeiros días iremos enlazando nos blogs do cole os videos e fotos das actuacións.

21/05/17
19/05/17
Festival das Letras Galegas
Un ano máis celebraremos o festival das Letras Galegas no Auditorio de Quintela. Aquí deixamos as datas e os horarios para as familias.
17/05/17
Rematamos o xogo da serpe
O noso obxectivo con este xogo de ámbito europeo era acadar un 20% mais de viaxes sostibles ao colexio: camiñando, pedaleando, en coche compartido.
Casi o conseguimos! Na medición previa, un 47% do alumnado de Primaria viña ao cole andando ou en coche compartido. Ao longo das dúas semanas do xogo, acadamos de media un 66% de viaxes sostibles. Todo un éxito.
Non xogou a favor nosa nin o tempo ( días de chuvia) nin os cortes na PO 313, que empezaron a parchear o día que comenzamos o xogo, coa conseguinte desaparición dos pasos de peóns!

13/05/17
FLASHMOB NA INAUGURACIÓN DO COMICON MOAÑA 2017
Como xa sabedes, hoxe foi a inauguración do Comicon en Moaña. A presentación fixémola os cinco coles de primaria e os dous institutos do concello cun baile.
Deixámosvos o video para que vexades o ben que saíu todo.
O flashmob é un baile que se realiza nun lugar público, durante un breve espazo de tempo e cun número normalmente grande de persoas, neste caso nós realizarémolo os alumnos de As Barxas, Paralaia, Reibón, Seara, A Guía, Domaio e Quintela. Os participantes atópanse dispersos na zoa onde terá lugar o baile e, no momento no que comeza a soar a música, reúnense no centro para realizar a coreografía xa preparada anteriormente.
08/05/17
Comicon
Os vindeiro VENRES 12 E SÁBADO 13 DE MAIO no local enriba da praza de abastos vaise celebrar o COMICON, un evento organizado polo IES A Paralaia coa colaboración do IES As Barxas e cinco centros de Ed. Infantil e Primaria de Moaña, entre eles o CEIP de Quintela.
No COMICON , haberá gymkhanas, torneos, obradoiros, charlas de autores e autoras de cómic, manga e anime.
Ademais haberá espazos delimitados para exposicións e un salón de lectura de cómics.
Para participar nestas actividades convén anotarse con antelación na páxina www.comicmoanha.com
Esta actividade está patrocinada polo Concello de Moaña, a Deputación de Pontevedra, a Consellería de Educación e o Centro de Formación do Profesorado de Vigo.

04/05/17
Os maiores ensinan aos pequenos a ir pola rúa
Hoxe, o alumnado de 6º de Infantil, 5º de Infantil e 6º de Primaria baixaron camiñando ata a praza para facer un ensaio do baile que imos facer para a inauguración do Comicón o vindeiro venres.
Cada neno e nena de 6º de Primaria levaba a un par de nenos e nenas de infantil, un de cada man, para acompañalos no camiño de baixada e subida ao cole. Axudáronlles a baixar as escaleiras, a cruzar correctamente os pasos de peóns, a circular pola parte interior das beirarrúas...
As mestras queremos darlles os parabéns polo ben que o fixeron!!!! Grazas maiores do cole!!!!!
Visita do IES Carlos Casares
Hoxe aprendemos un pouco máis de Carlos Casares, o escritor das Letras Galegas 2017.
Viñeron ao cole un grupo de alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo que investigaran moito sobre o escritor, tanto que lle deron no curso pasado un premio de Innovación en Normalización Lingüística no curso pasado.
Realizaron actividades simultáneas e diferentes en todos os cursos: Contaron contos a dous xogos on line que eles crearon coa axuda das súas profes, xogaron ao trivial, fixeron quebracabezas xigantes, xogaron á oca...
Pasámolo moi ben, foi moi divertido .
Moitas grazasa todos os alumnos e alumnas, e tamén ás súas profes !!!!

2º día do xogo
No 2º día do proxecto, seguimos avanzando na serpe. Quen gañará? O alumnado de sexto pode acodir en bici, sempre que as familias o autoricen. Hoxe tivemos os primeiros ciclistas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)