Amosando publicacións coa etiqueta As familias colaboran b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As familias colaboran b>. Amosar todas as publicacións
05/11/19
26/06/19
FESTA FIN DE CURSO
Para o último día de clase a nosa ANPA preparou unha serie de xogos “MISIÓN IMPOSÍBEL” nos que participaron todos os nenos e nenas de primaria. A continuación merendamos para logo rematar a xornada cunha festa da espuma para todo o colexio.
Pasámolo xenial!!!
Unha vez máis, grazas papás e mamás pola vosa axuda tanto nos xogos como na festa da espuma.
Feliz verán a todos e todas!!
Pasámolo xenial!!!
Unha vez máis, grazas papás e mamás pola vosa axuda tanto nos xogos como na festa da espuma.
Feliz verán a todos e todas!!
E por último, cantamos e bailamos a canción de Chayanne: "Madre Tierra".
27/04/19
ROCÓDROMO
A nosa sensacional ANPA agasallou ao cole cun rocódromo. Agora están colocando as diversas presas pola parede do patio cuberto. Está fermosísimo!!
Una vez máis, grazas polo esforzo e dedicación.
Una vez máis, grazas polo esforzo e dedicación.
19/04/18
As familias colaboran
A nosa horta estaba un pouco descoidada despois de tanta chuva. Pedimos axuda as familias, e rapidamente prepararon o terreo. Agora xa está lista para que os pequenos poidan plantar as súas leitugas.Grazas familias!
17/02/18
Enterro da Xoubiña 2018
A nosa ANPA informa:
A saída do Enterro da Xoubiña está prevista para mañán sábado as 17:00 h. dende o peirao do Con.
O noso cole desfilará en oitavo lugar.
Contamos con vós!
A saída do Enterro da Xoubiña está prevista para mañán sábado as 17:00 h. dende o peirao do Con.
O noso cole desfilará en oitavo lugar.
Contamos con vós!
24/01/18
UNHA ANPA MOI COLABORADORA
Onte, un par de papás da nosa ANPA viñeron ao ximnasio a reparar o soporte que nos instalou o concello para as pelotas grandes, xa que sufrira un desperfecto.
O cole quere agradecer a vosa colaboración!!!
26/09/17
Xogo arranxado!!
A pirámide de escalada do patio xa está a disposición de todos e todas. O xogo estivo pechado dúas semanas pola rotura da malla que daba acceso seguro á parte máis alta.
A solución veu grazas a colaboración coa ANPA. O equipo directivo desta localizou entre as súas amizades un amable e experto mariñeiro, Albino, que arranxou a rede do xogo.
Moitas grazas Albino!! Moitas grazas Jose!!!
A solución veu grazas a colaboración coa ANPA. O equipo directivo desta localizou entre as súas amizades un amable e experto mariñeiro, Albino, que arranxou a rede do xogo.
Moitas grazas Albino!! Moitas grazas Jose!!!
06/05/16
As familias contan
Hoxe a clase de 2º tivo a sorte de ter a visita doutra mamá.
Bea estivo con nós para contarnos o conto "Quen pode vencer o vento?"
Trouxo un precioso dado feito por ela con todas as personaxes.
Despois de escoitar a historia estivemos un rato xogando co dado.
Moitas grazas por todo Bea!!
03/05/16
As familias contan
A semana pasada a clase de 2º recibimos a visita de Teruca.
Contounos un precioso conto titulado "Quen levou a Lúa?"
Tamén fixemos con ela marcapáxinas de lúas e soles.
Que bonito todo, moitas grazas Teruca!!
Contounos un precioso conto titulado "Quen levou a Lúa?"
Tamén fixemos con ela marcapáxinas de lúas e soles.
Que bonito todo, moitas grazas Teruca!!
23/04/16
Celebramos o día do libro durante todo o mes de abril
Estas son algunhas das actuacións que desenvolvemos durante o mes de abril, para celebrar o mes do libro. Clica nos enlaces para completar a información.
- O alumnado de 4º, 5º e 6º recibe a Ledicia Costas na biblioteca do cole. despois de ler nos clubs de lectura o seu libro "Escarlatina, a cociñeira defunta".
- "O noso libro favorito". O alumnado de todos os cursos comparte cos seus compañeiros a súas lecturas favoritas.
- Exposición de novidades en colaboración coas librerías, O alumnado visitou a exposición polas mañáns, e as familias pola tarde co obxectivo de que coñezan as novidades editoriais que ofertan as librerías de Moaña.
- Xuntanzas dos clubs de lectura do colexio: 5º de Primaria, 6º de Primaria e o club para as familias, coordinado polo bibliotecario municipal.
- Visita da alcaldesa de Moaña á nosa biblioteca para ser entrevistada polo alumnado de 5º e 6º curso.
- Estreamos "Despois de comer, un libro podes ler" lecturas para os nenos e nenas usuarios do comedor escolar.
- As familias contan , actividade na que mamás e papás dos mais pequenos veñen contar contos ao cole.
- O alumnado tamén conta. Os nenos e nenas de 3º e 4º curso contan contos aos mais pequenos do cole ( E. Infantil, 1º e 2º de Primaria) coa técnica do Kamishibai.
07/03/16
Charla da asociación da apicultores para as familias
Este martes 8 de marzo ás 16:00 horas, dous membros da asociación de apicultores de Moaña darán unha charla para pais e nais na biblioteca do cole, sobre a praga da avespa asiática, e ensinarán a contruír unha trampa.
Para facela precisamos dúas botellas de plástico , unha de litro e medio, e outra pequena, ademais de un cúter.
Entre tod@s podemos contribuír a frenar esta praga.
03/11/15
03/11/14
O samaín en Quintela
Un ano máis a exposición de cabazas foi un éxito.
Destacaron pola gran cantidade, pola súa variedade e orixinalidade.
Queremos amosar o noso agradecemento ás familias pola súa extraordinaria participación.
Aquí temos unha mostra:
Destacaron pola gran cantidade, pola súa variedade e orixinalidade.
Queremos amosar o noso agradecemento ás familias pola súa extraordinaria participación.
Aquí temos unha mostra:
03/11/13
Samaín 2013
Un ano máis tentemos recuperar o tallado de cabazas para os máis pequenos. Debemos agradecer ás familias o seu apoio nesta iniciativa e a súa extraordinaria participación na exposición de cabazas.Sen a participación das familias os nosos obxectivos sempre quedan a medio camiño, por iso nos gusta e necesitamos contar con todas elas. Esta é unha pequena mostra:
25/10/13
A biblioteca e as familias
A Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, deseñou a elaboración dunha serie de vídeos co fin de mostrar distintos aspectos das boas prácticas nas bibliotecas escolares.
O noso centro recibiu a proposta para aportar a nosa experiencia na colaboración coas familias.
O resultado é este vídeo, que hoxe, Día da biblioteca , queremos compartir con vós.
Unha vez máis, queremos agradecervos a vosa colaboración, as vosas propostas, a vosa presenza arredor da biblioteca e da escola.
O noso centro recibiu a proposta para aportar a nosa experiencia na colaboración coas familias.
O resultado é este vídeo, que hoxe, Día da biblioteca , queremos compartir con vós.
Unha vez máis, queremos agradecervos a vosa colaboración, as vosas propostas, a vosa presenza arredor da biblioteca e da escola.
05/04/13
Charla para as familias
Queridas familias:
Conscientes da crecente
preocupación polo coidado do medio ambiente e da nosa saúde, dende o Equipo de
Natureza, queremos convidarvos a unha charla informativa sobre os grupos de
consumo ecolóxico. Nela, trataremos os seguintes temas:
·
Unha
alimentación máis saudable e natural
para os nosos fill@s.
·
Coñecer
de onde proceden os alimentos que consumimos.
· A
cociña con alimentos frescos e ecolóxicos,
cultivados ou elaborados por pequenos produtores da nosa comunidade.
·
A
mellora do medio ambiente no
que vivimos.
·
O
comercio xusto.
A charla terá lugar o martes
día 9 na aula de música, ás 16:00.
María - Coordinadora do Equipo de Natureza.
01/12/12
Club de lectura no cole
Este curso seguimos con club de lectura de nais.Onte xuntámonos de novo na biblioteca para comentar a última lectura:
" El abuelo que saltó por la ventana y se largó" de Jonas Jonasson.
Un libro de humor absurdo, que fai pasar ó seu protagonista por distintas peripecias con personaxes históricos tales como Stalin, Churchill, Franco, ...e mesmo contribúe a creación da primeira bomba atómica.
A algunhas das participantes do club recordáballes o humor de Passilina.
Aproveitamos para facer unha lista de posibles lecturas de humor.
Xa fixemos algunha incursión o curso pasado, coas lectura de "Mi tío Napoleón" e "La tía Mame".
Pero de momento, decidimos cambiar de estilo. A próxima cita será xoves 13 de decembro as 8 da tarde, na biblioteca do cole. A lectura:"La estrategia del agua" de Lorenzo Silva.
Lorenzo Silva ven de gañar o premio Planeta pola súa novela "La marca del meridiano".
Si queredes participar no club, só tendes que comunicarllo a titora dos vosos fillos/as,
01/11/12
Exposición de cabazas
Intentando recuperar a tradición do tallado de cabazas para os cativos e cativas, este ano volvemos a organizar unha exposición de cabazas talladas polas familias de Quintela. A particiación foi extraordinaria e a exposición resultou impresionante. Temos que destacar ademais a entrega e a orixinalidade coa que participaron todas as familias , un feito que enorgullece ao alumnado e que o profesorado agradece inmensamente.
24/03/12
Queridas familias
Acércase o mes do libro no que queremos que as familias participen en actividades de animación á lectura
.Queremos pedir a vosa colaboración para participar como contacontos ou para desenvolver outras actividades que se vos ocorran arredor do libro e a lectura.Precisamos a colaboración de pais, nais, avós, irmáns,…para participar e aportar ideas.
As actividades serán en horario escolar.
Animádevos e poñédevos en contacto co equipo de biblioteca antes das vacacións de Semana Santa.
Grazas pola vosa colaboración
O equipo de biblioteca
04/03/12
Cartas de amor
Este ano a convocatoria da biblioteca escolar as familias é un éxito.
A proposta era escribir unha carta de amor aos fillos/as. Estamos recibindo cartas fermosisimas,cheas de sentimento.
A proposta era escribir unha carta de amor aos fillos/as. Estamos recibindo cartas fermosisimas,cheas de sentimento.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


