Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2021-2022. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2021-2022. Amosar todas as publicacións

01/07/22

Listado de libros de texto e cuadernillos para o curso 2022-2023

 3º DE PRIMARIA

Matemáticas:  

Matemáticas 3. Proxecto Zoom. Libro 1, 2 e 3.   Ed. Vicens Vives.

ISBN: 978-84-682-8283-1  Edición en castelán.

L.Castelá:

Lengua Castellana y Literatura 3. Proxecto Zoom. Libro 1, 2 e 3.

Ed . Vicens Vives. ISBN: 978-84-682-8394-4

Inglés:

KIDS CAN 3– Pupil’s book. Ed. Macmillan. ISBN: 978-1-380-07286-3          

KIDS CAN 3 – Essential Activity book. Ed Macmillan. ISBN: 978-1-380-05293-3

4º DE PRIMARIA

L.Castelá:

Lengua 4. Libro 1, 2 e 3. Aula activa  Vicens Vives  ISBN       978-84-682-2835-6

Matemáticas:    

Matemáticas 4. Libro 1, 2 e 3. Aula activa Vicens Vives

ISBN978-84-682-2881-5. Edición en castelán                  

Inglés:

QUEST 4– Pupil’s book. Ed Macmillan. ISBN  9780230477742        

QUEST  4 – Activity book. Ed Macmillan. ISBN 9780230478701

5º DE PRIMARIA                      

Inglés:

KIDS CAN 5 – Activity book..Ed Macmillan. ISBN: 978-1-380-05341-1

6º DE PRIMARIA               

L.Castelá:

Caderno lecturas competenciais 6ºP. Proxecto Zoom. Vicens Vives

ISBN: 978-84-682-6292-5

Inglés:

QUEST  6 – Activity book. Ed Macmillan. ISBN  9780230478725

 

23/06/22

Despedida de 6º

Chegamos ao remate dun novo curso e onte foi unha xornada moi emocionante. 
As nenas e nenos de 6º quixeron despedirse do noso cole dun xeito especial.
Foi un inmenso pracer compartir con vós todos estes cursos.
Desexámosvos moita sorte na vosa nova etapa.

 

20/06/22

Saída a Arcade

 Que ben o pasamos e que agradable foi ver a todos e todas mesturarse e convivir nesta xornada que gozamos en Arcade.

As imaxes din todo...


Olimpíada escolar

 Aquí vos deixamos un breve resumo do día da Olimpíada. Unha vez máis, grazas familias e grazas nenos e nenas polo voso esforzo. Seguimos e seguiremos estando moi orgullosas e orgullosos do voso traballo.

Parabéns!!


02/06/22

Escola música

 

Hoxe, os nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º , 3º e 4º de Primaria, fomos ao concerto da Escola de Música de Moaña, que representou o espectáculo Monstros por aquí, monstras por alá. Pasámolo moi moi ben e cantamos un montón.



24/05/22

Festival Letras Galegas: programa familias

 O mércores, 25 de maio, celebraremos o festival das Letras Galegas pola tarde para as familias.

Será en tres sesións.

Estas son as actuacións cos seus horarios:



Festival das Letras Galegas: carteis

 O vindeiro mércores, 25 de maio, celebraremos o festival das Letras Galegas na sala Celso Parada.

As nenas e nenos de 6º de primaria elaboraron estes estupendos carteis para darnos a coñecer as actuacións que van ter lugar pola mañá:





20/05/22

Horario probas Olimpíada Escolar

 

Aquí deixamos o horario das distintas probas da Olimpíada Escolar que se celebrará o día 11 de Xuño.

A cor rosa sería para o alumnado de 6º de primaria.

A cor amarela sería para o alumnado de 4º e 5º de primaria.

A cor laranxa sería para o alumnado de 2º e 3º de primaria.

A cor verde sería para o alumnado de 6º de infantil e 1º de primaria.

Grazas de antemán pola vosa colaboración.



16/05/22

DigiCraft no teu cole. Tradutor en 1º de primaria

 

Na sesión de hoxe traballamos co tradutor. Tiñan que colorear uns obxectos pero estaban escritos en idiomas que non eran o español, polo que tivemos que utilizar a aplicación tradutor para saber o significado das palabras.

Foi moi interesante!



06/05/22

Día da Danza

 O 29 de maio celebramos o día Internacional da Danza.

Manolo Cobas, o  bailador e mestre de baile na Asociación Meiramar Axóuxeres e director artístico de  Lembranzas da Ría prestou o seu tempo para acercarnos á música tradicional. Este músico, vencellado á recuperación de danzas tradicionais, como a das Madamas e Galáns, impartiu ao longo da semana uns obradoiros de baile tradicional con todos os cursos.

A xornada do 29 celebramos o día da danza ao son da música tradicional e os nosos pés bailaron acompasados a ritmo de muiñeira.

Foi moi divertido!  

05/05/22

Linguaxe de programación en 3º e 4º de primaria

 Hoxe, tanto o alumnado de 3º como de 4º, estivemos traballando cos robots rato e cos escornabots nunhas plantillas nas que poñiamos un obxecto para lograr chegar a él e varios obstáculos no camiño. O movemento tiñamos que programalo colocando tarxetas de movemento no chan ou escribindo ditos movementos nun folio.

Estivo moi divertido!




02/05/22

Rematan as clases de natación para 6º de primaria

 Pasámolo en grande o venres na piscina, con variados xogos e coa profe Gali dentro da auga!




29/04/22

Caranvexornal 2022

 Xa temos, quentiña como saída do forno a nova edición do Caranvexornal:


25/04/22

Aquí medra a lingua: CEIP de Quintela Moaña

O Consello da Cultura Galega publica hoxe o capítulo dedicado aos centros de contornos castelán falantes da serie Aquí medra a lingua.
O vídeo foi gravado no noso centro facendo unha sinopse das acticidades de Dinamización Lingüística

 

22/04/22

Terceiro día de piscina na aula de 6º de primaria

 Hoxe tivemos a nosa terceira sesión de E.F. na piscina. Traballamos un pouquiño braza e tamén estivemos facendo algo que nos gusta moito, tirarnos de distintos xeitos!




08/04/22

Segundo día de piscina na aula de 6º de primaria

 Aquí vos deixamos un resumo da xornada de hoxe. Traballamos conceptos básicos de espalda e algo de braza.



07/04/22

Todo preparado…

 Xa está todo listo para gravar a nosa edición do Caranvexornal TV!



01/04/22

6º de primaria fai uso das instalacións da piscina municipal de Moaña

O concello de Moaña, en colaboración coa piscina municipal, ofrece a todos os coles a posibilidade de gozar dun día a semana durante un mes, das instalacións da piscina por parte dos mestres de educación física para o traballo dos contidos da natación co alumnado.
Hoxe, dentro da sesión de E.F., os nenos e nenas de 6º fomos á mesma para  desfrutar e aprender sobre natación.
Saímos encantados!

31/03/22

Mellora do recuncho Maker na biblioteca do cole

 A nosa biblioteca acaba de adquirir, para o seu recuncho maker, uns cantos xogos de mesa e xogos interactivos relacionados coa linguaxe básica de programación e a codificación.

Hoxe, os nenos e nenas de 3º, estivemos aprendendo con eles e.... encantáronnos!


Tamén adquirimos outros de conteo, numeración, suma, resta, resolución de problemas.... para a competencia matemática e outros relacionados coa fonética, a formación de palabras, alfabetización temperá, prelectura...para traballar e mellorar a competencia lingüística.

DigiCraft no teu cole. Pirámide holográfica en 1º de primaria

 Na aula de 1º descubrimos o que é unha pirámide holográfica e cómo se utiliza. Proxectamos unha imaxe na pantalla (neste caso de Diodi) á que lle programamos movementos e puxemos disfraces a través da aplicación Scratch, para logo colocarlle a pirámide enriba e ver cómo a proxectaba en 3D no aire.

Encantounos!