Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2009-2010. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2009-2010. Amosar todas as publicacións

22/06/10

I CROSS ESCOLAR REIBÓN
















O pasado domingo día 20, algúns dos nenos/as do cole participaron no I CROSS ESCOLAR DE REIBÓN.


A gran maioría deles obtiveron unha copa por quedar entre os 5 primeiros clasificados, aínda que todos obtiveron unha fermosa medalla polo seu esforzo e participación.


Desde o cole queremos felicitalos pola súa excelente actuación.

26/05/10

Calendario

Estas son algunhas das actividades que imos facer estes días:
Venres 29 de Maio:
  • 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria irán de visita ao colexio Brea Segade de Taragoña-Rianxo.A chegada será sobre as 18 horas.
Luns 31 de Maio:
  • 6º curso saida de 6º curso a Cabeza de Manzaneda.
Martes 1 de Xuño:
  • Reunión de nais e pais dos alumnos de 4º de Infantil do curso 2010-2011. "
  • "Portas abertas" para os alumnos novos de Infantil.
  • "Portas abertas" na biblioteca escolar para pais e nais a partir das 16 horas.
  • "Festa das actividades extraescolares" a partir das 16 horas.

10/05/10

Intercambio


O martes 11 de maio, esperamos a visita do C.E.P. Brea Segade de Taragoña. Este intercambio forma parte do proxecto de Fomento do galego do noso centro. O obxectivo é poñelos en contacto cos nenos e nenas da súa idade galego-falantes.
Temos preparada unha xornada na que chegarán de Vigo en barco, visitarán o pobo de Moaña, coñecerán o noso cole e xogaremos xuntos.
Ao longo do curso intercambiamos fotos, vídeos, contos, cartas e correos, agora queremos coñecelos en persoa e facer novos amigos.
En Audiobliblio podemos atopar as presentacións sobre Moaña que deseñou o alumnado do terceiro ciclo. Aquí tedes unha:


View more presentations or Upload your own.

06/05/10

Preparando a visita

A vindeira semana, e si o tempo non o impide, imos recibir a visita do alumnado de 1º e 2º ciclo do CEIP Brea Segade de Taragoña.
Esta visita forma parte do Proxecto de Normalización Lingüística. Despois de un intercambio de postais, correos, vídeos e contos,.. estamos desexando recibilos.

19/04/10

Concerto da Escola de Música










A Escola de Música de Moaña, igual que en cursos anteriores agasallounos co conto musicado "A viaxe das bolboretas".Cada personaxe era interpretado por un instrumento e caracterizado por un ritmo e melodía diferentes.
Clarinete, frauta,saxo, trompeta,trombón...transformados en vermes,tesoiriñas,xoaniñas,grilos... Unha acertada maneira de acercarnos ao mundo da música.
Parabéns pola execución , a selección de melodías e a adaptación do conto.

11/02/10

Festa de Entroido


Tal como é tradicional, o venres día 12 imos celebrar no noso colexio a FESTA DO ENTROIDO.

De 11,30 a 12 haberá degustación de sobremesas típicas en cada clase.

Ás 12,30 cada curso vai cantar as súas murgas, e logo saíremos en comparsa dando unha volta polas rúas próximas ao colexio.

Aproveitamos para recordarvos que o luns 15 e o martes 16 haberá actividades de animación infantil no pavillón da Xunqueira, organizadas polo Concello.

31/01/10

Día da Paz

Despois de diferentes actividades nas clases ao longo da semana, (actividades plásticas, debates, cuestionarios sobre a paz,poemas de paz, lectura de contos, ...) o venres saímos ao patio todo o colexio para celebrar o día da Paz.

Iniciouse o acto coa lectura dun poema por unha alumna de sexto.
Logo, o alumnado de terceiro ciclo interpretou o himno da Paz coa frauta.Despois cantámola entre todos.
Por último, un alumno/a de cada ciclo soltou unha pomba.

26/01/10

CARREIRA POPULAR MOAÑA





















Diverso alumnado do CEIP Quintela partipou a pasada fin de semana na Carreira Popular que se celebrou no Concello de Moaña.
A pesar do mal tempo, a asistencia foi bastante elevada e
os nenos e nenas recibiron unha merecida medalla polo
seu esforzo e participación.
















































19/01/10

Concerto de música popular

Os nenos e nenas do segundo ciclo disfrutaron o luns co Concerto para nenos de música popular galega, dos gaiteiros da Xistra, no auditorio de Caixanova en Vigo.

Aprenderon o nome de distintos instrumentos musicais, cantaron e algúns "voluntarios"participaron na actuación.

ENCONTROS EDUCACIÓN FÍSICA

Hoxe tivemos o segundo encontro das xornadas de convivencia a través do deporte para o terceiro ciclo de Educación Primaria. Nesta ocasión participamos o cole de Quintela, o cole de Reibón e o cole da Guía. As actividades realizadas foron voleibol, baloncesto e bádminton.
A experiencia foi bastante positiva; os nenos e nenas disfrutaron dunha xornada de convivencia co alumnado dos outros colexios.

22/12/09

Nadal no cole

Hoxe no cole, despois de tomar chocolate con churros, recibimos a visita de Papá Noel e logo fomos cantar cancións de Nadal ao auditorio.

Papá Noel tiña de axudante a Kathy, a profe de educación física.

Trouxo xogos e libros de agasallo para todas as clases e caramelos para todos.




Máis fotos nos blogs de ciclo:

O cole de Quintela na tele

A semana pasada estivo a televisión galega no noso cole:
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Espera uns segundos a que cargue o vídeo, antes de darlle a play.

18/12/09

Festa de Nadal

O vindeiro martes 22, o último día de clase, levaremos as notas deste trimestre.
Como todos os anos, imos recibir a visita de Papá Noel.

Ademais haberá chocolate con churros para todos.

Esta é a tarxeta gañadora do concurso de tarxetas de Nadal.

A autora do debuxo é Patricia, de 5º curso.
O texto é de Samuel, tamén de 5º.

15/12/09

Metereoloxía: Ultima hora

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, día 16 de Setembro.

A medida tómase en base á predición da Axencia Estatal de Metereoloxía dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia a partir das 00,00 do mércores 16 de Decembro.

06/12/09

ENCONTROS EDUCACIÓN FÍSICA


O pasado día 3 de decembro, o alumnado do terceiro ciclo de E.P. asistiu a unhas xornadas de convivencia organizadas polos mestres de E.F. dos coles de Reibón, Quintela e Seara. O obxectivo destes encontros é fomentar as relacións sociais entre o alumnado da zona por medio de actividades deportivas. Nesta ocasión xogaron ao bádminton e ao baloncesto.



02/12/09

Premios á innovación en normalización lingüística

No CEIP Quintela volvemos a estar de noraboa!!!:

Veñen de publicarse os Premios á innovación en normalización lingüística nos centros escolares.

O noso centro é un dos premiados co proxecto "En galego pola rede".

O proxecto deberá desenvolverse no curso 2009/2010.

Aquí tedes a lista dos premiados:

CEIP Aguiño, Ribeira (A Coruña)
CEIP A Gándara-Sofán, Carballo (A Coruña)
CEIP A Pedra, Bueu (Pontevedra)
CEIP Bergantiños, Carballo (A Coruña)
CEIP Quintela, Moaña (Pontevedra)
IES Menéndez Pidal (A Coruña)
IES Sardiñeira (A Coruña)

Debido á calidade dos proxectos presentados, concédense ademais 4 accésit.

IES Félix Muriel, Rianxo (A Coruña)
IES Perdouro, Burela (Lugo)
IES Rodeira, Cangas (Pontevedra)
IES Porto do Son, Porto do Son (A Coruña)

Se queredes toda a información, clicade AQUÍ

Parabens aos demais centros!!!

09/11/09

Xornada do magosto

Mañá martes faremos o magosto no cole.Haberá unha xornada de xogos populares,cancións de outono e danzas.Este será o horario e distribución dos xogos:

20/10/09

Avaliación do diagnóstico

O mércores 21 de outubro o alumnado de 5º curso do noso centro realizará a proba de"Avaliación do diagnóstico".
É unha proba que se realiza simultaneamente en todos os centros de Primaria de Galicia.
Esta proba inicialmente estaba prevista para ser realizada ao alumnado de 4º curso durante o mes de maio do curso pasado, pero foron aprazadas ata esta nova data.
A proba consiste nuns caderniños que avalían as Competencias Lingüística e Matemática.

Ademais as familias, o propio alumnado, o titor/a e a dirección do centro deben cubrir un cuestionario.

O resultado destas probas serán por centro, polo que o alumnado e as familias non poderán acceder aos mesmos.

21/09/09

Máis sobre a gripe A

Como andamos de competencias lingüísticas? Compróbao observando este vídeo.
Unha animación chegada dun programa educativo do Brasil.