Amosando publicacións coa etiqueta Coidamos o medio ambiente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coidamos o medio ambiente. Amosar todas as publicacións

07/03/16

Charla da asociación da apicultores para as familias

Este martes 8 de marzo ás 16:00 horas, dous membros da asociación de apicultores de Moaña darán unha charla para pais e nais na biblioteca do cole, sobre a praga da avespa asiática, e ensinarán a contruír unha trampa. 
Para facela precisamos dúas botellas de plástico , unha de litro e medio, e outra pequena, ademais de un cúter.
Entre tod@s podemos contribuír a frenar esta praga.


19/10/15

Mantemos o patio limpo

Na clase de valores o alumnado de 6º aproveitaron para elaborar unha serie de recomendacións que nos axudarán a manter o patio do noso colexio un pouco máis limpo. Seguro que todos e todas nos esforzaremos para seguir as súas indicacións.

15/10/15

Canción da reciclaxe

Dende o equipo de Medio ambiente animamos a todos os nenos e nenas a facer aínda máis bonito o noso cole.

Na clase de valores o grupo de nenos e nenas de 2º aproveitaron para inventar a "canción da reciclaxe". Deste xeito resúltanos máis doado lembrarnos de botar o lixo no seu lugar.





26/11/14

A nosa horta

O curso pasado iniciamosmos un novo proxecto facendo un bancal de plantas silvestres e aromáticas. Despois do verán houbo que traballar de novo nel... Cando vexades o vídeo entenderedes... Pasámolo moi ben e aprendemos novas cousiñas
 


E para os que non visteses o traballo que fixemos o curso pasado, aquí tedes de novo o vídeo
 

28/10/14

Os animais, os nosos amigos

O mércores, 15 de outubro, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria recibimos no cole a visita de Pedro Estévez. Pedro é veterinario e explicounos unha morea de cousas: agora sabemos que os animais son os nosos amigos dende hai miles de anos, ou que os veterinarios fan moitas máis cousas que curar animais. Tamén nos divertimos moito xogando con Pedro e con “Pongo”. Ademais de gustarnos os animais, agora tamén os coñecemos mellor e respetámolos máis. Grazas, Pedro!!


08/06/14

A nosa horta

Os nenos e nenas de 6º fixemos un bancal de plantas silvestres na horta do cole. Foi unha fermosa experiencia que queremos compartir con vós. Aquí tendes un vídeo onde explicamos como tivo lugar todo o proceso.

 

05/04/13

Charla para as familias


Queridas familias:

Conscientes da crecente preocupación polo coidado do medio ambiente e da nosa saúde, dende o Equipo de Natureza, queremos convidarvos a unha charla informativa sobre os grupos de consumo ecolóxico. Nela, trataremos os seguintes temas:
·               Unha alimentación máis saudable e natural para os nosos fill@s.
·               Coñecer de onde proceden os alimentos que consumimos.
·              A cociña con alimentos frescos e ecolóxicos, cultivados ou elaborados por pequenos produtores da nosa comunidade.
·               A mellora do medio ambiente no que vivimos.
·               O comercio xusto.
A charla terá lugar o martes día 9 na aula de música, ás 16:00. 

Un saúdo

María  - Coordinadora do Equipo de Natureza.

24/06/12

Excursión de fin de curso!!!

Este ano, decidimos darlle despedida ao curso académico indo a Chan da Arquiña. Pasámolo estupendamente camiñando pola contorna, merendando e facendo xogos todos xuntos e tamén cos profes. Foi unha mañá moi divertida!!!