15/12/07

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE






O martes 4 de decembro o pediatra J.Pereiro explicou detalladamente a pais, nais e mestres,a necesidade de unha dieta equilibrada,con alimentos dos tres grupos para medrar sans.Defendeu o pan como alimento infantil de primeiro orde para almorzos,merendas e comidas.

Tamén nos fíxo reflexionar sobre as bondades da dieta atlántica,rica en peixe . Nomeou o caldo galego como unha poción máxica para o corpo,legada polos nosos ancestros e perfecta desde o punto de vista nutricional:rico en vexetais,sales minerais e hidratos de carbono.Lembrounos o pouco presente que está nos nosos menús.

Unha charla amena,moi interesante e reveladora.

Grazas a todos e todas os que estivestes con nós esa tarde.

1 comentario:

  1. pan, verduras e hortalizas no xantar e na cea, froita de temporada en tres comidas do día, que os refrescos non sustituian ao leite, non esquecerse das leguminosas (lentellas, feixóns, garbanzos, herbillas, canto menos unha vez á semán), seguir tomando moito peixe, e andar, correr e bricar todo o que se poida (ca tele e as videoconsolas limitadas), son algúnhas das recomendacións para evitar que a obesidade se instaure como a enfermedade crónica infantil mais habitual. É responsabilidade de todos (pais, nais, profes, médicos, administración,...)afrontar o reto.
    Un dez para a predisposición do colexio.

    ResponderEliminar

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.