08/02/08

Enterro da Xoubiña

Convidamos a todos os pais e nais a participar xuntos cos seus fillos e fillas nesta actividade na que participarán todos os colexios de Moaña.
A saída será mañá sábado día 9 de febreiro ás 17 horas na rúa das Barxas, diante da casa do Concello.
A organización ( Concellalía de Cultura, Concello de Moaña) anima ás nais e pais a que vaian tamén disfrazados e rógase puntualidade. É conveniente estar 15 minutos antes da saída e concentrarse por colexios. A queima da xoubiña será na zona da praza de abastos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.