A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial,
independentemente dos ingresos familiares.
A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles.
Implantación progresiva
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e
6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a
reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13.
Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a
implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro. Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009
O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS
José Manuel Pinal Rodríguez
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.