28/02/09

Admisión de alumnado para o curso 2009/10


CALENDARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2009/2010

● PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN. Do 1 ao 31 de marzo de 2009, na secretaría do colexio.Horario de 9 a 2:30

● PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN BAREMACIÓN (se procede). Do 1 ao 20 de abril de 2009

● RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS. 23 de abril de 2009

● PRAZO DE RECLAMACIÓNS. do 24 ao 30 de abril de 2009

● LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO admitido e non admitido. 7 de maio de 2009

● FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA. Do 20 ao 30 de xuño de 2009

INFORMACIÓN SOBRE OS PROXECTOS E SERVICIOS DO COLEXIO:
http://ceipquintela.googlepages.com/matrícula
Teléfono : 986311268

20/02/09

Entroido en Quintela

Hoxe celebramos o Entroido no colexio.
Grazas as familias pola súa colaboración, e por acompañarnos neste día de festa.
Aquí tedes algúnhas fotos :
video

18/02/09

Festa do Entroido no cole

Tal e como é tradicional no colexio, o venres día 20 imos celebrar a FESTA DO ENTROIDO.

De 11,15 a 11,45 haberá nas clases unha degustación de postres típicos de Entroido. Contamos coa colaboración das familias para que llos mandedes.
As 12,30 nas escaleiras da entrada serán as actuacións, cantando as murgas que compuseron en cada clase. Cando remanten, sairemos en comparsa dando unha volta polos arredores do colexio.
Convidamos a tódalas nais/pais a disfrazarse e facer con nós o percorrido.

Os días 23, 24 e 25 de febreiro non haberá clases.
O luns día 23 e o martes 24 , a partires das 16 h haberá actividades de animación infantil con monitores no pavillón da Xunqueira.

13/02/09

DEPORTE NA ESCOLA

O día 11 do presente mes celebrouse a segunda xornada do deporte na escola, na que está inscrito o alumnado do 3º ciclo desde a área de Educación Física. Esta vez celebrouse no Pavillón de Reibón, e ata alí nos desprazamos para pasar unha xornada de boa convivencia, amizade, xogo, compañeirismo... Presentamósvos un pequeno resumo do que foi ese día. video

08/02/09

Aviso urxente: Suspendida a actividade escolar por risco metereolóxico

SUSPENDIDA A ACTIVIDADE ESCOLAR
A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de mañá a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa.
Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, luns, 9 de febreiro.

06/02/09

Día da Paz

O día 30 de xaneiro celebrouse no cole o Día da Paz. Levamos a cabo unha serie de actos con motivo desta conmemoración...
video