21/02/10

Enterro da xoubiña

Científicos e científicas, descubridores e descubridoras do lume, inventos prodixiosos,Newton e as súas mazás.... todos nos demos cita o sábado 20 de febreiro na praia do Con para participar no Enterro da Xoubiña. E Paco tamén veu con nós:

19/02/10

Plazo de admisión


O plazo de admisión para o curso 2.010/2.011 estará aberto dende o 1 ata o 31 de Marzo.

A partir do día 1 pódese pasar polo colexio para recoller a documentación necesaria.


Descarga aquí o folleto informativo sobre as instalacións, horarios, actividades e dotación do colexio.







11/02/10

Festa de Entroido


Tal como é tradicional, o venres día 12 imos celebrar no noso colexio a FESTA DO ENTROIDO.

De 11,30 a 12 haberá degustación de sobremesas típicas en cada clase.

Ás 12,30 cada curso vai cantar as súas murgas, e logo saíremos en comparsa dando unha volta polas rúas próximas ao colexio.

Aproveitamos para recordarvos que o luns 15 e o martes 16 haberá actividades de animación infantil no pavillón da Xunqueira, organizadas polo Concello.

02/02/10

Millo corvo


O curso pasado mercamos unha espiga de millo corvo e plantámola na escola.(proxecto Voz Natura)


Este outono recollemos a colleita. Como non temos hórreo, puxemos as espigas a secar nas aulas do segundo ciclo, porque da moito o sol.

Coas follas (follaco) fixemos un colchón!!!!

Hoxe no patio, o profe Antón (coordinador do proxecto) explicaunos que o millo veu de América.

Logo ensinounos a debullalo, e despois fixo cos carozos un xoguete. Os nenos e nenas debullaron, debullaron,...