En base ás predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia, ante a previsión dun adverso meteorolóxico de vento con refachos superiores a 100 km.h (alerta laranxa) en tódolos concellos da provincia de Coruña e Pontevedra así como ós integrados na comarca da Mariña Lucense.
De acordo coa recomendación formulada pola comisión de alertas meteorolóxicas reunida o día de hoxe as 11 da mañá comunícolle a suspensión de actividades extraescolares e as que se realicen ó aire libre durante toda a xornada do 16 de febreiro de 2010.
Esta decisión non supón a suspensión de actividades docentes nin do transporte escolar, pero recomendase o seguimento da información meteorolóxica para o caso dun empeoramento da predición ou do incremento de risco na localidade onde radique o centro escolar.
A información pode seguirse nos enderezos electrónicos:
www.aemet.es
,www.meteogalicia.es
e www.112galicia.org
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.
Asdo.: Jesús Vázquez Abad
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.