23/09/11

BALONMÁN

Hoxe viñeron ao cole un par de entrenadores do Clube de Balonmán de Moaña. O que fixeron foi amosarlles un video ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º sobre esta disciplina deportiva.
Despois da clase teórica, os nenos e nenas practicaron na pista uns poucos lanzamentos a portería....


Para, ao final da sesión, xogar un partido de balonmán entre eles.












Antes de volver a clase, os monitores déronlles un folleto informativo co horario de adestramento en caso de estar interesados na práctica deste deporte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.