O pasado xoves, celebramos no colexio o MAGOSTO. Fixemos xogos populares típicos da zona na que vive o alumnado, como tema relacionado directamente co San Martiño, festa tradicional do lugar. Tamén tivemos tempo de pintar as caras, saltar por enriba da fogueira, comer e comer castañas...
Ahí vai un video co resumo do momento.
Sempre que temos Magosto,
ResponderEliminarTodos moi ben o pasamos,
pois comemos as castañas
tamén a cara pintamos
e xa para rematar,
con xeito..., a fogueira saltamos.
Unha aperta, profe Charo.
No magosto de Quintela
ResponderEliminarsempre con Charo contamos
para asarnos as castañas
e pintarnos como ananos.
Profe Charo, non nos faltes
sempre te necesitamos
para que alegres as festas
que contigo celebramos