Este curso seguimos con club de lectura de nais.
Onte xuntámonos de novo na biblioteca para comentar a última lectura:
" El abuelo que saltó por la ventana y se largó" de Jonas Jonasson.
Un libro de humor absurdo, que fai pasar ó seu protagonista por distintas peripecias con personaxes históricos tales como Stalin, Churchill, Franco, ...e mesmo contribúe a creación da primeira bomba atómica.
A algunhas das participantes do club recordáballes o humor de Passilina.
Aproveitamos para facer unha lista de posibles lecturas de humor.
Xa fixemos algunha incursión o curso pasado, coas lectura de "Mi tío Napoleón" e "La tía Mame".
Pero de momento, decidimos cambiar de estilo. A próxima cita será xoves 13 de decembro as 8 da tarde, na biblioteca do cole. A lectura:
"La estrategia del agua" de Lorenzo Silva.
Lorenzo Silva ven de gañar o premio Planeta pola súa novela "La marca del meridiano".
Si queredes participar no club, só tendes que comunicarllo a titora dos vosos fillos/as,
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.