19/11/12

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Hai xa un par de anos que recibiramos a Xosé A. Neira Cruz no noso colexio para falar con el da súa obra. Protagonizou unha emotiva anécdota con Rosa, unha das limpadoras do colexio.
Non esquecemos a súa visita, e él non se esqueceu de nós.
Como coordinador do campUSCulturae ven de convidar aos nenos e nenas do noso cole ao acto que maña vaise celebrar en Santiago. Xunto con outros 10 colexios, o alumnado de 4º e 5º de Primaria recrearemos os dereitos da Infancia, ademais de asistir a diferentes actuacións. Tamén estarán Os Bolechas!
Despois imos aproveitar a viaxe para facer un recorrido por Santiago de Compostela.
Mais información en:

http://www.facebook.com/campUSCulturae

14/11/12

10 anos do desastre do Prestige

O 13 de novembro de 2002 comezaba a historia dun desastre. O Prestige, un petroleiro monocasco coma moitos dos que cruzaban as nosas costas sufriu unha vía de auga . Seis días máis tarde afundiríase causando a traxedia ecolóxica máis importante que recordamos, só comparable con outras a nivel mundial.
Este vídeo recorda algunhas das escenas que vivimos e que queremos compartir con toda a comunidade escolar .

11/11/12

O magosto no cole

O xoves 8 de novembro celebramos o magosto no cole. Asamos as castañas, comémolas, xogamos, emborrallámonos e pasámolo en grande.

10/11/12

01/11/12

Exposición de cabazas

Intentando recuperar a tradición do tallado de cabazas para os cativos e cativas, este ano volvemos a organizar unha exposición de cabazas talladas polas familias de Quintela. A particiación foi extraordinaria e a exposición resultou impresionante. Temos que destacar ademais a entrega e a orixinalidade coa que participaron todas as familias , un feito que enorgullece ao alumnado e que o profesorado agradece inmensamente.