28/06/13

Concerto de Susa Herrera

Somos uns afortunados! Susa Herrera estivo connosco o día 18 para presentarnos o seu último traballo: "En Cabárceno se oye cantar". É un libro fabuloso con CD e DVD no que ao tempo que bailamos e cantamos aprendemos moito sobre 10 animais. Grazas, Susa! Feliz verán a tod@s! Aquí tendes unha mostra do seu traballo. Que ben o pasamos! A avestruz O iac O gorila O oso pardo

18/06/13

Olimpiada Escolar

O pasado día 15 celebrouse nas pistas de atletismo da Xunqueira a XXXIII OLIMPIADA ESCOLAR. A participación de alumnado do noso cole foi moi numerosa, e co esforzo e participación de todos, conseguimos un terceiro e ben merecido posto. Desde o colexio queremos dar os parabéns a todos os nenos e nenas e dicirlles que son uns campións!

16/06/13

Moaña, historia fotográfica da Agrupación cultural Nós

Esta fin de semana presentouse con grande éxito de asistencia o terceiro tomo da serie Moaña, historia fotográfica. Esta nova publicación da Agrupación cultural, deportiva e recreativa Nós,que tanto ten investigado sobre Moaña, recompila unhas 400 fotos recollidas e investigadas exhaustivamente polo colectivo.

09/06/13

Ollos de Aula nº 8

No número deste mes de Ollos de Aula, trátase o tema das vacacións escolares e o dos prexuízos lingüísticos, incluindo coma sempre recomendacións para o ocio en familia, que poden servir de orientación para ese tempo no que temos na casa aos máis pequenos.

06/06/13

Taller de xabóns

Esta semana repartimos os xabóns que fixemos no taller do mes de abril. Aquí están os nenos e nenas de 1º E.P. cos seus xabonciños. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación! O vindeiro curso repetiremos e aprenderemos novas cousas!

04/06/13

Festival das Letras Galegas

Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Roberto Vidal Bolaño, así que no cole, fixemos o festival con moita parte de teatro, que a él lle gustaba tanto. Tamén tivemos cancións e bailes e a gran despedida do alumnado de 6º curso. Aquí tedes uns videos.

4º INFANTIL: "Canción da bolboreta"


5º INFANTIL: "Felisa vai en coche"




6º INFANTIL: "A princesa do Caurel"







1º PRIMARIA: "Moncho e a mancha" e "O león mariño"







2º PRIMARIA: "Os antollos da margarida"




3º PRIMARIA: Baile con panos e recitado dun poema de "Cantares Gallegos da noitiña de San Xoán"




4º PRIMARIA: "Parrafadas ao teléfono"





5º PRIMARIA: "Ai mamasiña que medo!




6º PRIMARIA: "A estación de autobuses e manifesto de despedida"