O pasado 25 de marzo fixemos o II Taller de xabóns. Aquí tedes a receita para quen se anime a facelo na súa casa. Podedes ver tamén unha táboa con alternativas ecolóxicas na limpeza do fogar. Animámosvos a que probedes!
COMO FACER XABÓN CON ACEITE
USADO
Necesitamos:
v 600 ml de
aceite
v 600 ml de
auga
v 100 g de sosa
cáustica
Botamos a
auga nun recipiente e sobre el, a sosa (nunca ao revés). Removemos cunha culler
de madeira ata que a sosa quede disolta. É importante facer este paso nun lugar
ben ventilado (ou ao aire libre). Cando estea completamente disolta a sosa,
engadimos o aceite, e mesturamos coa axuda da batedor ata que empece a espesar
(hai que bater aproximadamente 10 minutos).
Bótase a mezcla nun recipiente e, ao cabo de dous
días, córtanse as pastillas de xabón e déixanse secar durante un mes antes de
usalas.
LIMPEZA ECOLÓXICA E PRODUTOS
DE LIMPEZA
Moitos dos produtos de limpeza que usamos no noso fogar,
contaminan o planeta e prexudican a nosa saúde. Cando eliminamos as bacterias
do noso fogar, eliminamos tamén as que son beneficiosas para nós e para o noso
contorno, e sobrecargamos as depuradoras das augas residuais de produtos
químicos contaminantes.
ALTERNATIVAS NA LIMPEZA COTIÁ
PRODUTO USADO
|
ALTERNATIVA
|
Deterxente
|
Xabón natural,
en pó, relado ou en escamas. Se empregas deterxente, procura que sexa biodegradable
e sen fosfatos. Emprega as doses mínimas.
|
Lixivia
|
Vinagre ou
bórax (un sal mineral que se pode mercar nas farmacias).
|
Ambientadores
|
Plantas
aromáticas, incenso ou esencias naturais.
|
Limpamobles
|
Panos húmidos.
Preparar unha mestura de dúas partes de aceite de oliva por unha de vinagre.
|
Limpacristais
|
Un xornal
mollado e outro seco. Tamén se pode mesturar auga con dúas culleradas de
alcohol de queimar.
|
Desatascadores
|
Botar polo
desaugadoiro un cuarto de taza de bicarbonato de sodio, seguido de media taza
de vinagre. Tapalo uns minutos e deixar correr despois auga quente en
abundancia.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.