26/02/14

Programación Entroido

Os nenos e nenas de terceiro curso fixeron o cartel coa programación que imos seguir o venres 28 de febreiro, na celebración do Entroido. Aquí o tedes:


25/02/14

24 de febreiro, día de Rosalía

O 24 de febreiro Rosalía de Castro, cumpriría 177 anos. No día do seu aniversario os colexios do Morrazo réndendenlle homenaxe recitando os seus versos:

21/02/14

INFORMACIÓN FESTA DO ENTROIDO

CEIP   QUINTELA-MOAÑA.     Moaña, 24/02/2014.


 INFORMACIÓN FESTA DO  ENTROIDO.

Tal como é tradicional o venres día 28 imos celebrar no noso colexio a   FESTA DO ENTROIDO.
De 11  a 11:30 h en cada clase,  haberá unha degustación de sobremesas típicas destas datas.
A partires das  12:00h  na pista polideportiva  serán as actuacións cantando as coplas,  e as 12:30 sairemos en comparsa dando unha volta polos arredores do colexio. Convidamos a tódalas persoas que o desexen a  acompañarnos  e que veñan disfrazados.                                                                                                
Pedimos a colaboración dos pais/nais para  que cada neno/a traia algunha sobremesa  para comer na clase e que conserven os traxes para poder participar no enterro da xoubiña do sábado día 08 de marzo.         
Os días 3,4 e 5  de marzo non haberá  clases.   
·         Recordámoslles tamén que do 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo de solicitude de admisión para alumnos/as novos.

    A Dirección,