28/10/14

Os animais, os nosos amigos

O mércores, 15 de outubro, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria recibimos no cole a visita de Pedro Estévez. Pedro é veterinario e explicounos unha morea de cousas: agora sabemos que os animais son os nosos amigos dende hai miles de anos, ou que os veterinarios fan moitas máis cousas que curar animais. Tamén nos divertimos moito xogando con Pedro e con “Pongo”. Ademais de gustarnos os animais, agora tamén os coñecemos mellor e respetámolos máis. Grazas, Pedro!!

video

13/10/14

Petanca en E.F.

Estes días e como inicio de curso, nas clases de E.F. os nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de primaria, estiveron traballando os xogos populares. Entre eles, a petanca. Aquí vai un resumo.