21/06/16

Novo artigo na Galipedia

Durante este curso que está a piques de rematar o alumnado de 5º e 6º fixemos un traballo de recollida de información sobre Leticia Santos, a actual alcaldesa de Moaña.
Os nenos e nenas de 5º elaboraron unhas preguntas e moi amablemente a alcaldesa respondeunos a todas na biblioteca do noso cole.
Despois o alumnado de sexto redactamos un texto que lle enviamos por se houbese algún erro.
Esta última semana de clase xuntámonos na aula tics o alumnado de 5º e 6º e coa axuda de Isa (a directora do noso cole) subimos á galipedia o artigo.
Unha vez máis queremos agradecerlle a Leticia a súa colaboración e amabilidade para que este traballo fose posible.

A seguinte foto e de dous alumnos de 6º facendo o traballo na pizarra dixital.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.