30/09/16

Respectemos os sinais!

Aproveitando o tema da educación vial, lembramos ás familias a donde teñen que dirixirse cando veñan traer ou buscar a un neno ou nena ao cole...
Respectemos os sinais!!
Grazas!



27/09/16

Traballando coa PDI

Como todos sabedes, estes días estamos a traballar a Educación Vial no cole. Unha das actividades preparadas foi coa PDI (Pizarra Dixital Interactiva) que nos gusta moito...


23/09/16

PREPARADOS PAR SER CONDUCTORES/AS RESPONSABLES...

No cole estamos a traballar sobre a Educación Vial. Imos ter unhas charlas e uns circuítos que nos vai preparar a Xefactura de Tráfico, pero xa estivemos practicando nas aulas e nas sesións de E.F.
Mirade que circuítos chulos fixemos no ximnasio!

 

20/09/16

Actividades de educación vial

Na última semana de setembro teremos actividades de Educación Vial no cole, organizadas pola Xefatura Provincial de tráfico en coordinación coa Policia Local de Moaña.

Estas actividades foron impulsadas polo noso alumnado de 4º de Primaria do curso pasado

Para a realización desta actividade, pedimos a vosa colaboración xa que precisaremos :
12 bicicletas para o alumnado de Educación Infantil. Poden ser triciclos,correpasillos ou bicicletas.
12 bicicletas para o alumnado de 1º e 2º de Primaria, variadas, con e sen rodines.
12 bicicletas para o alumnado de 3º e 4º de Primaria tamén variadas.

O alumnado de 5º e 6º realizará as actividades con cars.

Anotádevos nas entradas do colexio os que vaiades traer bicicleta, para poder coordinarnos con vós no momento da recollida.
Todo o alumnado deberá traer o seu casco de bici.
O alumnado entregará o seu casco á titora correspondente o luns 26 rotulado co seu nome.
                                                                       
Grazas pola vosa colaboración

10/09/16

Comenzamos

O vindeiro luns comezamos un novo curso, cun aumento moi grande de alumnado (moitas grazas queridas familias por confiar en nós).
A pesar diso a nosa administración educativa aplícanos un inxustísimo recorte de profesorado, suprimindo o posto de mestra de apoio en Educación Infantil.
Pero os nosos nenos e nenas non deben percibir desánimo. O novo curso para eles ten que ser ilusionante.
Por iso imos sustituír  o timbre de entrada e saída por música.


Nenos, nenas, e familias:
 Benvidos ao curso 2016-2017 no cole de Ceip Quintela de Moaña