Aínda que a palabra PAZ só ten 3 letras é moi difícil de conseguir xa que hai demasiada violencia, demasiada discriminación e moitas guerras no mundo.
Na nosa convivencia diaria debería haber máis tolerancia, empatía e respecto.
Para conseguir a tolerancia teríamos que:
- Saber estar cos demais.
- Saber que os demais teñen outras opinións.
- Saber que os demais teñen outros gustos.
Para desenvolver a empatía teríamos que:
- Saber colocarnos no lugar doutra persoa.
- Non fagas o que non queiras que che fagan.
Para traballar o respecto teríamos que:
- Contar con que os demais teñen dereito a facer as cousas que lles gustan aínda que a ti non che gusten.
- Comprender que sexan diferentes a nós.
- Aprender a falar sen mala intención.
- Aprender a dar sen pretender algo a cambio.
Non xulgues aos demais como o que non son.
Que a xente deixe de levarlle a contraria a outras persoas só porque queiran que todo sexa como eles digan.
Que a xente non se crea perfecta e que por iso pense que ten dereito a facerlle aos demais o que non quere que lle fagan a ela ou el.
Valorémonos e deixemos de envexar.
Para lograr a PAZ o máis importante é aceptar a diferencia.
Vós queredes un mundo no que pensemos todos o mesmo?
Sería aburrido, non?
É mellor compartir que competir.
QUE A AMIZADE SEXA A ARMA MÁIS PODEROSA!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.