08/05/17

Comicon

Os vindeiro VENRES 12 E SÁBADO 13 DE MAIO no local enriba da praza de abastos vaise celebrar o COMICON, un evento organizado polo IES A Paralaia coa colaboración do IES As Barxas e cinco centros de Ed. Infantil e Primaria de Moaña, entre eles o CEIP de Quintela.
No COMICON , haberá gymkhanas, torneos, obradoiros, charlas de autores e autoras de cómic, manga e anime.
 Ademais haberá espazos delimitados para exposicións e un salón de lectura de cómics.
Para participar nestas actividades convén anotarse con antelación na páxina www.comicmoanha.com

Esta actividade está patrocinada polo Concello de Moaña, a Deputación de Pontevedra, a Consellería de Educación e o Centro de Formación do Profesorado de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.