29/03/19
28/03/19
27/03/19
26/03/19
25/03/19
Novo comedor
Estamos adaptando os espazos do cole para mellorar os servizos. O proxecto de Patios inclusivos trae melloras no espazo exterior.
No espazo interior temos un novo espazo dedicado ao comedor que comeza esta semana a funcionar:
No espazo interior temos un novo espazo dedicado ao comedor que comeza esta semana a funcionar:
22/03/19
21/03/19
20/03/19
15/03/19
Reciclaxe
Queridas familias:
Lembrámosvos que no colexio recollemos instrumentos de escritura que xa non pinten para reciclalos. Entre todos e todas coidamos a natureza.
Aquí tedes unha imaxe para explicarvos cales podemos reciclar e cales non.
Moitas grazas por colaborar!
Lembrámosvos que no colexio recollemos instrumentos de escritura que xa non pinten para reciclalos. Entre todos e todas coidamos a natureza.
Aquí tedes unha imaxe para explicarvos cales podemos reciclar e cales non.
Moitas grazas por colaborar!
14/03/19
TEATRO EN INGLÉS
O pasado martes 12 de marzo, todo o cole de Quintela asistimos a unha función teatral en inglés.
Os peques de educación infantil foron ó cole con un osiño moi especial e a súa amiga "Mr. Bear goes to school".
Os cursos de primeiro, segundo e terceiro de educación primaria pasárono pipa escoitando os contos favoritos das persoaxes "Rap & Pan"
...e os maiores do cole, dende 4º ata 6º de educación primaria pasaron moitísimo medo viaxando no "Ghost Train".
Os peques de educación infantil foron ó cole con un osiño moi especial e a súa amiga "Mr. Bear goes to school".
Os cursos de primeiro, segundo e terceiro de educación primaria pasárono pipa escoitando os contos favoritos das persoaxes "Rap & Pan"
...e os maiores do cole, dende 4º ata 6º de educación primaria pasaron moitísimo medo viaxando no "Ghost Train".
13/03/19
12/03/19
Uns versos para empezar o día
Estamos en marzo, o mes da poesía, e queremos celebralo empezando cada mañá cuns versos, uns pequenos fragmentos de poemas, que nos inviten a ler a obra enteira, a imaxinala, a recreala, ...ou simplemente a gozar coa súa sonoridade, a súa música, as emocións e sentimentos que agochan,...
En definitiva,como di o poeta Fran Alonso, facer da poesía un pracer!
En definitiva,como di o poeta Fran Alonso, facer da poesía un pracer!
Cuestionario de convivencia
O Consello para a Convivencia Escolar da
Comunidade Autónoma de Galicia deseñou un cuestionario de diagnose do clima
escolar no que deben participar profesorado, alumnado de 5º e 6º de Primaria,
familias e persoal non docente de cada centro escolar.
Este é o enlace a través do que as familias poden acceder ao cuestionario:
Lembramos que hai que identificarse coa clave facilitada. O
cuestionario ten carácter anónimo , xa que as claves son aleatorias.
O cuestionario está
formado por 15 preguntas sobre aspectos relacionados coa convivencia no centro,
ocupando só uns 10 minutos de tempo. As preguntas deben responderse nunha soa
sesión , xa que a clave dá acceso unha soa vez.
Se eres docente, alumno/a ou persdoal non docente:
11/03/19
10/03/19
Enterro da Xoubiña
Moitas grazas , familias, pola estupenda participación no Enterro da Xoubiña. Queremos agradecer á ANPA a intensa colaboración prestada neste entroido.
09/03/19
Aberto o prazo para a solicitude de praza
PRAZO DE ADMISIÓN 2019-2020
Do 1 ao 20 de marzo
Normativa reguladora:
DECRETO
254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en
centros docentes sostidos con fondos públicos
ORDE
do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a
admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos
ORDE
do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013
pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros
docentes sustentados con fondos públicos
Postos
ofertados en Educación Infantil:
CURSO
|
4º Infantil
|
5º Infantil
|
6º Infantil
|
PRAZAS
|
22+3 NEE
|
6
|
2
|
Postos
ofertados en Educación Primaria:
CURSO
|
1º
Primaria |
2º Primaria
|
3º Primaria
|
4º Primaria
|
5º Primaria
|
6º Primaria
|
PRAZAS
|
7+3 NEE
|
6
|
4
|
3
|
2
|
7
|
A
solicitude de admisión é para:
· O
alumnado que vaia cursar o vindeiro curso 4º de E. Infantil ( nados no ano 2016)
· Aquel
alumnado que queira cursar estudos no noso centro no curso 19/20 (traslado de
domicilio, cambio de centro,…)
Como
se fai a solicitude de admisión:
Deberán presentar:
1.
Cubrir a solicitude
ED550B que poderán recoller na secretaría do noso
centro.
o Tamén se pode cumprimentar a solicitude na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ e facilitar o código da solicitude, que deberá imprimirse.
o Outra
opción é descargar a solicitude( ED550B)
en sede electrónica da xunta e entregala cuberta.
2.
Fotocopia do DNI da persoa
solicitante
3.
Fotocopia de
documento acreditativo da idade do alumno/a (DNI ou libro de familia )
4.
Certificado do
anterior centro onde cursou estudos , se é o caso.
5.
En caso de separación
ou divorcio, convenio regulador do mesmo.
O alumnado que cursa estudos
no noso centro NON ten que facer solicitude de admisión.
08/03/19
OBRADOIRO DE MAQUILLAXE
ONTE FOI UN DÍA ESPECIAL NO COLEXIO, XA QUE AS NAIS DA ANPA ORGANIZARON UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE PARA TODO O ALUMNADO, QUE FOI ACOLLIDO CON MOITO ENTUSIASMO. DENDE INDIOS ATA DINOSAUROS, UNICORNIOS, ARCOS DA VELLA, POKEMÓN E DEMAIS. CON TODO E MÁIS SE ATREVERON ESTAS MAQUILLADORAS.
GRAZAS, UNHA VEZ MÁIS, POLA VOSA COLABORACIÓN!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)












