Día escolar pola paz e a non violencia. O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz dun xeito especial, incidindo na mellora da convivencia e compartindo emocións e aprendizaxes. Foi unha xornada na que todo o cole, alumnado e profesorado participou. Organizamos obradoiros integrais, con agrupamentos de diferentes idades e con propostas variadas, desde as plásticas, rítmicas, audiovisuais, contacontos ou xogos cooperativos. A experiencia foi avaliada como moi positiva, tanto polo alumnado como polo profesorado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.