27/02/20

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020-2021


PARA QUÉN É?
Para todo aquel alumnado que queira cursar estudos no noso centro no vindeiro ano académico.
O alumnado que xa está a cursar estudos no noso centro NON ten que presentalo.


CÓMO SE FAI?
O alumnado interesado deberá entregar:

1.- O impreso ED550B cuberto, que poderá recoller na secretaría do noso centro
  •          Deberá estar asinada polo pai, nai ou titor/a legal. En caso de divorcio, os dous proxenitores. En caso de custodia única, quen teña a patria potestade.
  •          Tamén poderán cumprimentar a solicitude na aplicación http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado e traer a solicitude impresa e o código
  •          Outra opción é presentar a solicitude a través da sede electrónica da xunta, para o que se precisará a Chave365 ou certificado dixital


2.- Fotocopia do DNI da persoa solicitante (nai, pai ou titor/a legal)

3.- Fotocopia de documento acreditativo da idade do alumno (DNI ou libro de familia)

4.- De ser o caso:
  •          certificado do anterior centro onde cursou estudos
  •          convenio regulador en caso de separación ou divorcio



ATA CANDO SE PODE SOLICITAR?
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 1 ó 23 de marzo


OFERTA DE PRAZAS

EDUCACIÓN INFANTIL
CURSO
4º Ed. Inf.
5º Ed. Inf.
6ºEd. Inf.
Nº PRAZAS
22
+ 3 NEE

11
6



EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO
1º EP
2º EP
3º EP
4º EP
5º EP
6º EP
Nº PRAZAS
0
+ 0 NEE

9
5
1
4
3

  • Cada alumn@ só pode presentar únha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunícalo, ó mesmo tempo, ó centro de orixe
  •  O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión


NORMATIVA REGULADORA:

DECRETO 254/2012, do 13 de decembropolo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos



PLAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO, DE SER O CASO:

10 días hábiles contados a partires dos 2 seguintes ó remate do prazo de presentación de solicitudes



DATA PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:
25 abril

Contra a listaxe provisional, poderanse formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación


DATA PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS:
15 maio

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partires do día seguinte á súa publicación

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:
20 ó 30 de xuño

ADSCRIPCIÓNS DO CENTRO


EEI O Con


CEIP Quintela - Moaña

IES A Paralaia

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFERTA O CENTRO:

SERVIZO DE COMEDOR

Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación

Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de 
comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Orde de 13 de xuño de 2008 que modifica a orde de comedores de 21 de febreiro de 2007

Decreto 374/2009, do 6 de agostopolo que se aproban os prezos públicos pola utilización dos comedores nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria


ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP QUINTELA

o   Porta do Cego
o   Os Ladrados
o   A Lameira ata PO 551
o   A Miranda
o   A Gándara
o   A Xeira
o   Avda de Marín ( Estrada PO 313) ata a Porta do Cego.
o   Rúa Ramón Cabanillas beirarrúa norte dende o Portal do Almacén ata o nº 53 ( interxección coa Miranda)
o   A Rúa Ramón Cabanillas, beirarrúa sur dende o Portal do Almacén ata o nº 179 ( interxección coa rúa Fragata de Callao)
o   A estrada comarcal PO 551 beirarrúa norte dende a rotonda ata interxección con Camiño Vello.
o   Toda a zona do Real delimitada por Avda Daniel Castelao, Rúa Méndez Núñez e Avda José Costa Alonso.
As rúas son as seguintes:
o   Avda José Costa Alonso
o   Miguel Enríquez
o   Almansa
o   Fragata Blanca
o   Fragata Lealtad
o   Villa de Madríd
o   Rúa Berenguela



DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da dita consellería, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxt.cultura.educacion@xunta.gal




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.