PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA
Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, as clases e demais actividades académicas , xunto cos servizos de plan Madruga, comedor e actividades extraescolares, quedan suspendidas desde o luns 16 de marzo.
Desde o centro facemos un chamamento para extremar as medidas de precaución, hixiene e aillamento ditadas polas institucións sanitarias, colaborando así co mínimo espallamento da infección.
O centro permanecerá aberto ata vindeiras recomendacións da Consellería, pregando que vos comuniquedes vía telefónica para calquera aclaración que precisedes.
PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA:
A partir das 12 h. do día de hoxe 13 de marzo e ata as 6 da tarde, as familias poden pasar polo centro para recoller material e tarefas para os cursos de 1º a 6º de Primaria.
En canto ao seguimento das tarefas, o profesorado estará a disposición de cada titoría a través do correo electrónico indicado nas instrucións destas.
A dirección
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.