01/10/20

Plan Madruga


Plan Madruga

Este curso continúa en activo o Plan Madruga no noso cole.

O Plan Madruga é unha iniciativa da Federación de ANPAS "Arco da vella" de Moaña, coa colaboración do Concello de Moaña na súa financiación.

O horario de recollida comenza ás 7 da mañán e remata ás 8.45, momento no que  as monitoras/es entregan ao alumnado ao profesorado. 
Seguiranse os protocolos COVID na atención ao alumnado, deste xeito disminúese a ratio de alumnado por monitor/a.
As familias poden facer uso do servizo de xeito fijo, discontínuo ou eventualmente.

Podedes recoller as solicitudes na secretaría do noso centro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.