(Do 21 de maio ó 22 de xuño)
PARA QUEN É?
·
O alumnado que vai cursar 1º e 2º de Ed.
Primaria o vindeiro curso pode solicitar a axuda para a adquisición de libros e
material escolar.
·
O alumnado que vai cursar 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria o vindeiro curso pode solicitar
Fondo Solidario de Libros de Texto e axuda para mercar material escolar
O alumnado que vai
cursar 1º da ESO o vindeiro curso debe entregar a solicitude no IES A Paralaia.
Os prazos son os mesmos que para primaria.
O alumnado matriculado no 5º e 6º curso de Ed. Primaria está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto por atoparse incluido no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) pero terá dereiro á axuda para a adquisición de material escolar
Para ter dereito ó fondo
de libros, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º terá que ter entregados os libros en
bo estado antes do 22 de xuño
ONDE SE TRAMITA?
As solicitudes pódense facer a
través de:
·
Aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros)
·
Sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal)
·
A secretaría do cole
Para tramitalo a través
da aplicación “fondlibros” ou “Sede Electrónica” é necesaria a Chave 365 ou
certificado dixital
QUE DOCUMENTACIÓN HAI
QUE PRESENTAR?
·
Impreso
ED330B cuberto. Está dispoñible en secretaría ou pódese descargar na sede
electrónica
·
Documentación
que acredite o número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2019.
Pode ser libro de familia, volante de convivencia, sentenza xudicial de
separación ou divorcio, informe de servizos sociais, certificado de defunción…
En caso de non autorizar a comprobación de datos, deberase achegar
aquela documentación da que non se autorice a consulta (certificado de grao de
discapacidade, resolución xudicial de incapacitación, declaración da renda…)
A solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro
docente
ATA CANDO SE PODEN
PRESENTAR AS SOLICITUDES?
Ata o 22 de xuño
A QUE AXUDAS SE PODE
ACCEDER?
Alumnado que cursará 1º e 2º
de Ed. Primaria o vindeiro ano académico
·
Axudas para adquirir libros de texto:
§
Renda per cápita igual o inferior a 6.000 € 210 €
§
Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 € 140 €
·
Axudas para material escolar
§
Renda per cápita igual o inferior a 6.000€ 50 €
Alumnado que cursará de 3º,
4º, 5º e 6º de Ed. Primaria o vindeiro ano académico
·
Fondo solidario de libros:
§
Renda per cápita igual o inferior a 6.000 € 6 libros de texto
§
Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 € 4 libros de texto
Se sobran libros, a aplicación repárteos por orde de renda
ata que se esgotan
·
Axudas para material escolar:
§
Renda per cápita igual o inferior a 6.000€ 50 €
O alumnado matriculado no 5º e 6º curso de Ed. Primaria está excluido
da participación no fondo solidario de libros de texto por atoparse incluido no
proxecto educación dixital (E-DIXGAL) pero terá dereiro á axuda para a
adquisición de material escolar
OUTRAS DATAS DE
INTERESE:
Publicación de listaxes provisionais: 29 de xuño
Período de reclamación ás listaxes provisionais: 2
días a partires da data de publicación
Publicación de listaxes definitivas: 2 de xullo
Entrega de vales de material: Colgarase aviso na
porta e no blog do cole
Entrega de libros ó alumnado: ó comezo do curso, en
setembro
NORMATIVA REGULADORA
ORDE do 6
de maio de 2021 pola
que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se
convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao
alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e
educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o
curso escolar 2021/2022
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.