02/07/21

LISTAXE DEFINITIVA DE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2021-2022)

 

     Xa está publicada a listaxe definitiva de fondo solidario de libros para o vindeiro curso no taboleiro do colexio.

     Os beneficiarios de axudas para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar poden pasar a recollelos os días 5, 6 e 7 de xullo en horario de 9:00 a 13:00.

 

LEMBRADE:

 

En 3º e 4º de Educación Primaria traballaremos con tres libros:

  • Lingua española e literatura
  • Matemáticas
  • Lingua estranxeira (Inglés)

5º e 6º de Educación Primaria traballarán co proxecto Edixgal, polo que non terán libros de préstamo

Só aqueles/as que teñan adxudicados menos de tres libros, deberán mercar o da materia/s que falta/n

Os libros de adquisición complementaria non teñen vixencia neste centro, posto que só se traballa cos anteriormente citados

O libro de inglés que se concede no fondo solidario é o "Pupil's Book". O "Activity Book" non entra no fondo solidario, polo que deberán mercalo tódolos/as nenos/as.

 

 

NOTAS: 

Contra a listaxe definitiva, ou no caso de detectar algún erro no vale, poderanse facer reclamacións, subsanar as deficiencias ou aportar a documentación que falta nos dez días seguintes a esta publicación.

O centro NON expedirá un novo vale en caso de que a persoa beneficiaria ou a libraría o extravíen. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.