Como xa están aí as vacacións e a biblioteca do cole vai pechar, tedes un ano máis, a posibilidade de levar en préstamo durante o verán un lote de libros da biblioteca escolar.
Este lote estará formado por un máximo de 15 libros, por neno/a.Nos primeiros
días de clase, en setembro, enviarémosvos unha nota co horario no que podedes
devolvelos.
Os libros podedes seleccionalos na biblioteca o mércores 25 e o xoves 26. Dúas nais, do equipo de apoio á biblioteca, e as mestras, estarán alí para atendervos de 9.30 a 13.30h.
Saúdos e boas lecturas para o verán!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.