17/11/17

Aquí está o xogo da serpe de novo

Queridas familias:

 Este curso volvemos a participar de novo no programa educativos educativo da Unión Europea "o xogo da serpe".
Como recordaredes é unha campaña dirixida a estudantes de primaria que promove formas de mobilidade sostible.
A campaña ten unha duración de dúas semanas, e comenza o próximo luns. O obxectivo é incrementar a porcentaxe de alumnado que acude andando ou en coche compartido ao cole, e diminuíndo polo tanto o volume de coches que circulan nos arredores da escola.
 Cada día da campaña rexistraremos os datos de cada aula, obtendo un punto por cada neno ou nena que veña andando ou en coche compartido.
No mural situado na entrada do cole veremos como vai avanzando cada grupo. Pedímosvos a vosa axuda para alcanzar a nosa meta, que é incrementar nun 20% a cantidade de nenos e nenas que acceden a escola andando ou en coche compartido.
Como novidade, esta ano o alumnado de sexto tamén poderá acudir ao cole en bicicleta, sempre con casco. Por este motivo instalamos dentro do recinto escolar un aparcadoiro para bicis.
Grazas pola vosa colaboración!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.