Amosando publicacións coa etiqueta Movémonos 17-18. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Movémonos 17-18. Amosar todas as publicacións

14/03/18

Educación Vial en Infantil

Aos nenos e nenas de 5º de Infantil encantóulles facer circuitos con sianis de tráfico.


31/01/18

Sinais de paz

No día da Paz cada curso escolleu os seus sinais de Paz. Así quedaron na entrada do cole, para que non o esquezamos:

27/11/17

Ao cole en bici

Algúns nenos de sexto animáronse a vir en bicicleta na semana da serpe. Bravo!!!

Segunda semana

Estamos empezando a segunda semana do xogo da serpe.
Quen gañará?

17/11/17

Aquí está o xogo da serpe de novo

Queridas familias:

 Este curso volvemos a participar de novo no programa educativos educativo da Unión Europea "o xogo da serpe".
Como recordaredes é unha campaña dirixida a estudantes de primaria que promove formas de mobilidade sostible.
A campaña ten unha duración de dúas semanas, e comenza o próximo luns. O obxectivo é incrementar a porcentaxe de alumnado que acude andando ou en coche compartido ao cole, e diminuíndo polo tanto o volume de coches que circulan nos arredores da escola.
 Cada día da campaña rexistraremos os datos de cada aula, obtendo un punto por cada neno ou nena que veña andando ou en coche compartido.
No mural situado na entrada do cole veremos como vai avanzando cada grupo. Pedímosvos a vosa axuda para alcanzar a nosa meta, que é incrementar nun 20% a cantidade de nenos e nenas que acceden a escola andando ou en coche compartido.
Como novidade, esta ano o alumnado de sexto tamén poderá acudir ao cole en bicicleta, sempre con casco. Por este motivo instalamos dentro do recinto escolar un aparcadoiro para bicis.
Grazas pola vosa colaboración!

02/11/17

Axudamos

O venres fomos ver un concerto de Susa Herrera no auditorio Daniel Castelao.
Como era a primeira saída do cole das tartarugas do cole, os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria leváronos da man, para ensinarlles como hai que ir pola beirarrúa.
Encántoulles e fixéronno moi ben:

01/11/17

Deseñando bicis


Na clase de matemáticas deseñamos bicis como a de Delio Fernández. Para facelas solo podíamos usar escuadra, cartabón e compás. Gustounos moito facelas, e quedaron moi chulas!


30/10/17

Delio Fernández no cole

Hoxe os nenos e nenas de quinto curso entrevistaron a Delio Fernández. Levaban varios días preparando a entrevista, e tiñan moita ilusión.
 Encantoulles velo chegar na bicicleta, e recibíronno cun gran aplauso.
Os  compañeiros de sexto curso quixeron estar presentes, tiñan moitas gañas de coñecelo!
Esperamos volver a velo pronto polo cole!

22/09/17

Semana europea da mobilidade sostible

Ceip Quintela de Moaña 22 Setembro ·

 Hoxe, moitos nenos e nenas do cole viñeron camiñando para conmemorar o Día Mundial sen coches. Ademais ao longo desta semana fomos recibindo fotos das familias utilizando modos de desprazamento sostibles ou facendo camiñatas.
 As fotos están expostas na entrada do cole.
Grazas familias!