30/03/20

Axudas usuarios comedor medidas COVID-19


 Na ORDE do 27 de marzo 2020  a Consellería de Educación establece as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19. ACCEDE

1.A quen vai dirixido?

-     Alumnado con condición de gratuíto por renda familiar
-     Alumnado pagador dun euro nos centros educativos públicos

 2. Importe das axudas
1. As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do
custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19. Corresponderán:
-(2,50 €) no casos de gratuidade total
-(1,50 €) nos casos do alumnado que abona  (1 €) pola prestación do servizo.
3. Efectos temporais
- Período 1:Primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta:Desde o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos.

-Período 2: Inclúe os 15 días de prórroga ata o día 12 de abril: 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa.
Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.

 4. Quen son os beneficiarios das compensacións
Familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola Conselleríaque teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

5. Solicitudes. Lugar de presentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios
electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede
electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos
mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por
medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro
educativo no que se escolarizan as súas fillas/os colaboren na
formalización da solicitude.

A solicitude, será única por cada familia e incluirá á totalidade das fillas e dos fillos escolares de ensinanzas obrigatorias, que sexan comensais gratuítos e semigratuítos dun euro no comedor escolar xestionado pola consellería nun centro de ensino público.

6. Prazo de presentación

Comezará ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ( 31 marzo)e rematará o 6 de abril, ambos os dous incluídos.

7. Tramitación
No caso de que as direccións dos centros tramiten as solicitudes, os datos necesarios son:
a)          DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

8. Prazo resolución
O prazo máximo para resolver será de 10 días dende a data de
finalización do prazo de presentación de solicitudes.

9.Pagamento e a xustificación das compensacións
 O pagamento das compensacións realizarase logo da resolución das
mesmas nun prazo máximo de 5 días.
De conformidade coa natureza das compensacións, realizarase un
primeiro aboamento correspondente aos primeiros 14 días lectivos
afectados pola declaración de suspensión do servizo de comedor escolar.
Para o caso de que se acorde unha prórroga da suspensión do servizo de comedor, realizárase un segundo aboamento polos 14 días lectivos
restantes, sen que sexa preciso a presentación de novas solicitudes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.