28/03/20

Educando na adversidade

Hoxe os APLAUSOS DAS 8 querémosllos dedicar a todo o alumnado polo seu admirable exercizo de valentía destes días, e as súas estupendas familias, porque sen a súa paciencia, iniciativa e colaboración non sairiamos adiante.
Porque cada día sacan o mellor de si mesmas, para enfrontarse con éxito a este sorprendente estado de guerra contra a pandemia.
Porque estades asegurando o equilibrio emocional dos vosos fillos e fillas , dándolle recursos ante a adversidade que os acompañarán  para sempre .
Porque con calma e creatividade reinventades espazos, obxectos e palabras, para encher as vidas dos máis pequenos.
Porque coma sempre, pero nestes días máis que nunca sodes os nosos aliados imprescindibles doutro lado das pantallas.
E aplausos tamén para o alumnado, para todos os nenos e nenas que con valentía  se adaptan a un día a día nunca pensado.
Estamos tan orgullosas deles!!!
Ánimo familias, xuntos sairemos adiante!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.