Amosando publicacións coa etiqueta As familias e a escola. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As familias e a escola. Amosar todas as publicacións

13/05/24

Charla e obradoiro sobre a avespa velutina

A biblioteca acolleu unha charla e obradoiro sobre a vespa velutina. A coordinadora do equipo de Natureza foi a encargada de impartila. No obradoiro, as familias construiron a súa propia trampa para esta especie de avespa invasora.

30/04/24

Charla de familias

Hoxe tivemos unha charla de familias sobre o benestar emocional na infancia a cargo da asociación Alborada.

06/03/20

Ven a Quintela!!!

VEN A QUINTELA!! 
Comparte connosco o noso proxecto educativo, onde as familias aportan e importan; as emocións axudan a medrar e as competencias trazan o camiño cada día. 
Agardamos as vosas solicitudes!
O vindeiro 1 de marzo ábrese o prazo de admisións de solicitudes de matrícula.

26/02/20

VEN A QUINTELA!!!

VEN A QUINTELA!! 


Comparte connosco o noso proxecto educativo, onde as familias aportan e importan; as emocións axudan a medrar e as competencias trazan o camiño cada día. 
Agardamos as vosas solicitudes!



27/04/19

ROCÓDROMO

A nosa sensacional ANPA agasallou ao cole cun rocódromo. Agora están colocando as diversas presas pola parede do patio cuberto. Está fermosísimo!!
Una vez máis, grazas polo esforzo e dedicación.


01/12/18

A ANPA PINTA XOGOS NO PATIO

Onte, algúns dos membros da Anpa do noso cole viñeron pintar uns cantos xogos para que os nosos nenos e nenas teñan un lecer no patio moito máis motivante.
Grazas, unha vez máis, polo traballo que estades a facer no cole.


08/02/18

06/02/18

O MÉRCORES PACO PÍDENOS VIR CON...

O MÉRCORES (ADEMAIS DA CABEZA E O PESCOZO),
DE FESTA, DE MEDO OU DE AVENTURA,
PRENDE ALGO NA CINTURA.


05/02/18

PACO-MECO DINOS QUE O MARTES...

O MARTES (ADEMAIS DA CABEZA),
CUNHA PLUMA, UN CORNO, UN CAROZO...
ENGALANA O TEU PESCOZO.


02/02/18

ATENCIÓN! MENSAXE DE PACO-MECO PARA O LUNS!!!

O LUNS EMPEZA A FESTA,
QUE ILUSIÓN! QUE ILUSIÓN!
ADORNA A TÚA CABEZA,
BÓTALLE IMAXINACIÓN!!!


01/02/18

Entroido

Este ano no entroido 
Ímonos disfrazar
Moi pouquiño a pouco
Para non nos cansar

Empezando pola cabeza
E cada día un pouco máis
Vestirémonos sen présa
Tentando ser orixinais



24/01/18

UNHA ANPA MOI COLABORADORA

Onte, un par de papás da nosa ANPA viñeron ao ximnasio a reparar o soporte que nos instalou o concello  para as pelotas grandes, xa que sufrira un desperfecto.
O cole quere agradecer a vosa colaboración!!!



03/11/17

Samaín 2017

Un ano máis os nosos corredores quedaron espectaculares coas cabazas aportadas polas familias do alumnado. Queremos amosar o noso agradecemento pola súa participación. Aquí vos deixamos unha pequena mostra: