Amosando publicacións coa etiqueta Competencia dixital: Ipad. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia dixital: Ipad. Amosar todas as publicacións

22/05/18

EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2018

Estimadas familias:
Queda aberta ao público a Exposición Interactiva que temos preparada no cole sobre María Victoria Moreno Márquez.
Lembrade que para visualizar os contidos de realidade aumentada é preciso ter a aplicación Aurasma (agora cambiou o icono a HP Reveal), dispoñible tanto para Android como para Ios.
Tamén temos unha guía impresa sobre como visitar a exposición, que podedes  coller na caixa colocada na entrada do colexio.
Poñemos a vosa disposición algún dos Ipad do cole para que poidades realizar a visita.
O horario de visita será de 15:30 a 17:30 horas, desde o día 23 de maio ata o 10 de xuño.






16/03/18

UN CÓDIGO QR NO TRABALLO SOBRE AS MULLERES EN 5º CURSO

Na entrada do cole temos unha exposición do traballo feito polo alumnado de 5º curso sobre as mulleres e os inventos.
Puxémoslle un código QR para que poidades ver a montaxe en formato dixital.


10/10/17

Xogamos co paracaídas nas primeiras sesións de Educación Física

Estos primeiros días de clase no ximnasio fóronche moi divertidos. Xogamos co paracaídas que é algo que nos fascina.
Deixamos un resumo fotográfico para que o vexades.


05/10/17

Concerto de Susa Herrera

Aquí vos deixamos un resumo do ben que o pasamos o venres no auditorio escoitando as divertidas cancións de Susa Herrera, que nos presentou o seu libro "En Cabárceno se sigue cantando".


28/10/16

Trípticos do Samaín

Esperamos que gustaran os trípticos que o alumnado de 6º de primaria elaborou para dar información ás familias sobre o Samaín.
Fixéronnos usando as ferramentas de StripDesign para o cómic e o Publisher para a elaboración de trípticos.
Levoulles o seu tempo, pero o resultado foi magnífico! Parabéns!!




19/05/16

EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2016

Aquí vos deixamos o titorial feito polo alumnado de 5º de primaria sobre como utilizar o programa AURASMA para visitar a exposición interactiva de Manuel María que faremos no cole.