Na aula de 2º retomamos o traballo iniciado no curso anterior dentro do proxecto DigiCraft no teu cole. Fixemos un xilófono con cartolina e papel de alumnio para conectalo ás placas Makey Makey e así crear son ao escanear un código QR e abrir un programa creado con Scratch.
Apendemos diferencias sobre buscadores como Ecosia, Duck Duck gG, Bing xogando a buscar información nos mesmos para obter a palabra clave e levar así a letra correspondente do rosco.
Estos días estamos traballando a organización dos distintos espazos da biblioteca para saber movernos polos distintos recantos. Aproveitamos as sphero Mini para facer a aprendizaxe máis divertida.
Nesta sesión, os nenos e nenas tivemos que prestar a nosa axuda a Diodi, a mascota do proxecto DigiCraft, para conseguir abrir un maletín que contén todo o material para traballar nas vindeiras sesións. O maletín estaba pechado cun cadeado e Diodi non lembraba o contrasinal. Para axudarlle, resolvemos unha serie de pistas que nos levaron a conseguir os números para abrir o cadeado.
A sesión de hoxe consistiu en facer diversos xogos nos que traballamos o uso correcto das tabletas, os virus que atacan aos dispositivos que temos e como afectan á información que temos gardada neles e tamén traballamos o concepto de netiqueta, de como se escribe correctamente cando enviamos mensaxes nos nosos dispositivos.
Cuns vasos de papel, aos que lles pegamos un rotulador e colocamos os robots na parte de dentro, fixemos unhas creacións moi chulas sobre un papel continuo.
Nesta ocasión, usamos os Merge Cube para traballar sobre o corpo humano. Pasámolo moi ben facendo preguntas entre nós e buscando as respostas na aplicación.
Nesta ocasión xogamos a un videoxogo creado con Scratch no que tiñamos que conseguir puntos e esquivar obstáculos pintados por nos na propia aplicación. Xogamos cunha marioneta que debuxamos nun papel e o pegamos nun lápis para poder xogar. Encantounos!!!!
Nesta sesión, os nenos e nenas aprenderon que a información nos dispostivos dixitais se pode almacear de moitas maneiras diversas e que todas son válidas mentres atopemos o que estamos buscando. Fixémolo mediante tarxetas e tamén a través dun conto, no que axudamos a Diodi a atopar uns cargadores extraviados.
Os nenos e nenas de 4º convertéronse o pasado venres en científicos para amosarnos os seus experimentos e conmemorar así o día da Ciencia, dedicado este ano a Jimena Fernández de la Vega. Tamén estudaron sobre Elena García Armada.
Aquí deixamos unha proba do ben que o fixeron. Desde o cole queremos darvos os parabéns polo bo traballo que fixéchedes todos e todas e tamén agradecemos ás familias a súa colaboración neste traballo.
Na aula de 2º estivemos traballando a linguaxe de programación cos Zowi. Primeiro vimos un video de Zowi bailando para a continuación colocar as nosas tarxetas de movemento nas mesas. Unha vez feito iso, introducimos os movementos na aplicación de Zowi nas tabletas e fixemos bailar os robots ao mesmo ritmo que o video.
Nesta sesión, o alumnado estivo traballando co asistente de Google, que lles narraba un conto e eles, mediante frechas que eles recortaron e pegaron nuns paus, decidían os derroteiros polos que continuar a historia.
Nesta sesión, o alumnado traballou a realidade aumentada a través da aplicación Augmented Class. Pintaron debuxos sobre elementos vikingos e logo, ao cargalos na aplicación e enfocalos coa tableta, proxectábanse en 3D. Tamén xogaron dixitalmente a clasificar os distintos debuxos que plantexaba a aplicación nas carpetas correspondentes.
Este curso, continuamos co proxecto DigiCraft que comezamos o curso anterior. Nesta sesión que fixemos na hora Tic's, traballamos as emocións cun xogo a través do código QR, no que entendemos o funcionamento dunha intelixencia artificial.